Kauai
From Wikipedia, the free encyclopedia
Kaua'i (chamada normalmente Kauai fóra das illas Hawai) é a máis antiga e a cuarta en tamaño das illas principais do arquipélago de Hawai, cunha superficie de 1430,43 km². Tamén é coñecida como "Illa Xardín" ou "Garden Isle".
Kauai | |
---|---|
Localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Estado | ![]() |
Arquipélago | Arquipélago de Hawai |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 22°05′N 159°30′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 1.456 km² |
Longura máxima | 60 km. |
Largura máxima | 45 km. |
Perímetro | 177 km. |
Punto máis alto | 1.598´1 m. Kawaikini |
Demografía | |
Capital | Lihue |
Poboación | 67.091 (2010) |
Densidade | 40'9 hab./km² |
Kaua´i atópase a 170 quilómetros da canle de Kaua'i, ao noroeste de O'ahu. É de orixe volcánico, sendo o punto máis elevado desta illa montañosa Kawaikini con 1.598 metros. O segundo pico máis alto é o Mount Wai´ale´ale preto do centro da illa, situado a 1.570 m por encima do nivel do mar.
É unha das zonas máis húmidas da Terra, cunhas precipitacións anuais aínda maiores no lado leste do Mount Wai'ale'ale, que causaron unha profunda erosión nos vales profundos da montaña central, esculpindo canóns con belas fervenzas.
Non se coñece o significado que hai detrás do nome de Kaua'i. Segundo a tradición nativa de Hawai indica que a orixe se atopa na lenda de Hawaiiloa; o navegante da Polinesia a quen se lle atribúe o descubrimento das Illas Hawai. A historia conta como puxo a illa de Kaua´i o nome do seu fillo favorito; segundo isto, unha posible tradución de Kaua'i é "lugar do colo", facendo alusión a como un pai levaría ao seu fillo favorito. En Suráfrica, hai unha franquía de comida e bebida que leva o nome da illa.
A Oficina Censal dos Estados Unidos define a Kauai como as seccións censais 401 a 409 do Condado de Kauai, Hawai, que é todo o condado salvo as illas de Kaula, Lehua, e Niihau. O censo do 2010 indica para a illa de Kauai unha poboación de 67.091 habitantes.[1]