![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4b/Drawing_of_the_Chinese_poet_Li_He.jpg/640px-Drawing_of_the_Chinese_poet_Li_He.jpg&w=640&q=50)
Li He
escritor chinés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Li He (chinés tradicional: 李賀; chinés simplificado: 李贺; pinyin: Lǐ Hè; Wade-Giles: Li3 Ho4), nado en 791 e finado en 817, foi un escritor chinés da dinastía Tang.[1] O seu nome de cortesía foi Changji, e tamén foi coñecido como Guicai ou Shigui; os xaponeses coñéceno como Ri Ga.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 790 ou 791 Henan |
Morte | 816 ou 817 Henan |
Causa da morte | tuberculose ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Chinesa |
Actividade | |
Ocupación | Funcionario, poeta |
Período de tempo | Dinastía Tang ![]() |
Lingua | Lingua chinesa ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Li Jinsu (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Impediuselle realizar os exames imperiais debido a un tabú co seu nome. Morreu moi novo, e sempre destacou polo seu aspecto enfermizo. Foi un poeta dilixente, escribindo inmediatamente calquera verso que se lle ocorría, aínda estando fóra da casa, completando o poema ao volver ao fogar. A súa obra explora o fantasmal, o sobrenatural e mais o fantástico.
A súa popularidade e lugar no canon literario chinés variou co paso dos séculos. O seu estilo idiosincrático foi moi imitado durante a dinastía Qing. Durante esta época, a súa popularidade viuse afectada por un cambio nos gustos literarios, e as súas pezas foron excluídas da importante compilación San bai Tang shi 三百唐诗 ("Trescentos poemas dos Tang"). Porén, a súa obra recuperouse ao longo do século XX; foi un dos poetas de Tang máis apreciados por Mao Zedong.