León americano
especie extinta de animal (fósil) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O león americano (Panthera atrox), tamén coñecido como o "león norteamericano", ou "león das cavernas americano", é un felino extinto da subfamilia dos panterinos que viviu en América do Norte durante o Plistoceno e o Holoceno temperán, hai uns 340 000 a 11 000 anos.[2][3][4]
Máis información Clasificación científica, Sinonimia ...
León americano Rango fósil: Plistoceno–Holoceno, 0,34 Ma-0,011 Ma | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueleto atopado no rancho La Brea e exposto no Museo George C. Page. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Máxima distribución dos leóns das cavernas: en vermello Panthera spelaea, en azul Panthera atrox e en verde Panthera leo. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Pechar
Os seus fósiles foron escavados dende Alasca até México.[5][6] A análise xenética demostrou que o león americano e o león das cavernas euroasiático do Plistoceno superior (Panthera spelaea) son liñaxes irmás.[7] É arredor dun 25% máis grande ca o león moderno, o que o converte nun dos meirandes felinos.[8]