León das cavernas
From Wikipedia, the free encyclopedia
O león das cavernas (Panthera spelaea)[1] é unha especie extinta do xénero Panthera que viviu en Eurasia durante o Plistoceno. É coñecida grazas aos achados en fósiles e máis ás representacións na arte prehistórica.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
León das cavernas Panthera spelaea Rango fósil: Plistoceno 0,06 Ma-0,013 Ma | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueleto en Viena. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Extinto | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
En vermello a distribución máxima de Panthera spelaea, en azul Panthera atrox e en verde Panthera leo. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Pechar
As súas dimensións eran maiores cás do león actual e se cadra foi un dos felinos máis grandes que existiron tan só por tras do ligre, un híbrido de león con tigresa. O león das cavernas era un 25% maior cós leóns africanos, acadaban os 3 metros de lonxitude e os machos pesaban entre 270 e 320 kg namentres que as femias pesaban 175 quilos.