subfamilia de mamíferos carnívoros From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos felinos (Felinae) é unha subfamilia de mamíferos carnívoros, a máis importante das dúas que integran a familia dos félidos, xa que inclúe 13 dos 18 xéneros desta.
Felinos Felinae Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lynx lynx, o lince común ou euroasiático | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Distribución dos felinos | |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
Os representantes desta subfamilia áchanse amplamente distribuídos por todo o mundo e só faltan de forma natural nas rexións polares, Madagascar, Australia e algunhas illas oceánicas.
O gato doméstico, pertencente a esta subfamilia, foi introducido en varios destes lugares de forma voluntaria ou involuntaria, converténdose facilmente en bravo (asilvestrado) e causando un grave impacto entre as faunas endémicas.
Os felinos alcanzan tamaños comprendidos entre os 50–60 cm do gato de patas negras (Felis nigripes) e os case 2 m que pode acadar o representante máis grande, o puma (Puma concolor).
Todos son eficientes cazadores dotados de garras totalmente retráctiles (agás o guepardo), pero son incapaces de ruxir como os membros da subfamilia dos panterinos porque, ao contrario que estes, teñen unha garganta totalmente osificada.
Todas as especies son solitarias, aínda que algunhas toleran con maior facilidade que outras a presenza doutros membros da súa especie no seu territorio.
En catividade producíronse con éxito diferentes tipos de híbridos, tanto dentro dun mesmo xénero e tamén, máis raramente, entre xéneros distintos. Logrouse cruzar o puma con éxito incluso cun membro da outra subfamilia (a dos panterinos), o leopardo, producindo uns híbridos chamados pumapardos. Os descendentes destes cruces son estériles en todos os casos.
A subfamilia foi descrita en 1817 polo anatomista e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim, en Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow, 5: 372.[1]
O nome científico Felinae, está formao polo elemento fel-, raíz do seu xénero tipo, Felis, coa adición do sufixo -ĭnae, propio das subfamilias de animais.
Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[3][4] Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[5]
Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[6] E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[7]
Este criterio foi aceptado polos autores da lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[8] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:
Porén, aínda hoxe moitos autores recoñecen a Profelis como xénero independente.
Árbore filoxenética dos xéneros da subfamilia dos Felinae.[9][10]
Felinae |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.