Leuconostoc
From Wikipedia, the free encyclopedia
Leuconostoc[1] é un xénero de bacterias grampositivas, clasificado na familia Leuconostocaceae. Son xeralmente cocos ovoides que a miúdo forman cadeas, son inmóbiles e non forman esporas. Os Leuconostoc spp. son intrinsecamente resistentes á vancomicina e son catalase negativos (o cal serve para distinguilos dos estafilococos). Todas as especies deste xénero son heterofermentativas e poden sintetizar dextrano a partir de sacarosa. Son bacterias quimioorganoheterótrofas e anaerobias facultativas, que non poden facer a respiración celular, polo que dependen da fermentación de azucres a ácido láctico,etanol ou acetato e C02. Xeralmente forman limos.
Leuconostoc | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
L. carnosum |
Causan o cheiro orixinado cando se forma masa fermentada iniciadora. Algunhas especies poden causar infeccións en humanos.[2] Como son unha causa pouco común de doenzas en humanos, os kits comerciais de identificación estándar normalmente non serven para identificar estes organismos.[3]
O xénero Leuconostoc é, xunto con outras bacterias do ácido láctico como Pediococcus e Lactobacillus, responsable de fermentacións alimentarias como a do repolo, para facer chucrut. Tamén forma parte das colonias simbióticas de microbios que interveñen na fermentación do quefir, unha bebida láctea fermentada.[4] Neste proceso os azucres que se encontran no repolo fresco son transformados en ácido láctico, o que lle dá ao chucrut o seu sabor acedo e as súas cualidades de duración.