From Wikipedia, the free encyclopedia
Coco é un termo utilizado para designar as bacterias que teñen forma esférica [1]. É un dos catro tipos morfolóxicos principais das bacterias, que son: coco, bacilo, espirilo e vibrio. Coco procede do latín coccus e este á súa vez do grego kokkos (κόκκος), que significa "baga".[2]
As bacterias con forma de coco poden vivir separadas ou poden agruparse, segundo as especies[3]. Poden agruparse por parellas (diplococos), cadeas (estreptococos) ou grupos dispostos en formación cuboidal de oito células (sarcinas), ou en grupos con forma de acios irregulares (como os estafilococos) ou de catro células en disposición cadrada (tétrades). As bacterias con forma intermedia entre os cocos e os bacilos denomínanse cocobacilos.
Algúns cocos orixinan enfermidades importantes e déuselle nome en función da doenza, como o gonococo ou o meningococo.
O termo coco tamén se usa en botánica (o que se corresponde moi ben coa súa etimoloxía), onde se utiliza para describir certos froitos e significa mericarpo ou segmento con semente dun esquizocarpo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.