filme de 1959 dirixido por François Truffaut From Wikipedia, the free encyclopedia
Les Quatre Cents Coups, é unha película francesa de 1959 dirixida por François Truffaut. Foi a súa primeira longametraxe, considerada unha das primeiras obras da nouvelle vague.[3]
Les Quatre Cents Coups | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Les Quatre Cents Coups |
Director | François Truffaut |
Produtor | François Truffaut Georges Charlot[1] |
Guión | François Truffaut Marcel Moussy |
Intérpretes | Jean-Pierre Léaud Albert Rémy Claire Maurier |
Música | Jean Constantin |
Fotografía | Henri Decaë |
Montaxe | Marie-Josèphe Yoyotte |
Estudio | Les Films du Carrosse |
Distribuidora | Cocinor |
Estrea | 4 de maio de 1959 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Romance |
Recadación | 30,7 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
A película e autobiográfica en gran parte e presenta a primeira aparición do personaxe de Antoine Doinel, alter ego do propio Truffaut e que interpretará ao longo de 20 anos o mesmo actor, Jean-Pierre Léaud.
Les Quatre Cents Coups está amplamente considerada un dos mellores filmes franceses da historia; na enquisa a críticos de Sight & Sound de 2012, foi votado como o 39.º filme.[4] Na mesma lista, na enquisa aos directores apareceu no posto 13.
Antoine Doinel é un adolescente parisiense non especialmente querido pola súa familia. A súa nai, que o tivo de solteira, ten unha conduta severa con el. O seu padrasto, pola súa banda, fai o posible por toleralo.
A falta de atención da súa familia fai de Doinel un alumno díscolo no colexio, mais as súas trasnadas agotan a paciencia do seu profesor Sopruss. Un día falta ao colexio co seu amigo René: así verá o boa que é a vida fóra da escola, ademais de crúa e real tras atopar a súa nai cun amante. Esta fuxida do colexio fai que Antoine comece a meterse en máis problemas, ata o punto de que despois de sacar un cero nunha composición en que prometera unha boa nota aos seus pais, escapa co seu amigo.
Un día, ao intentar roubar unha máquina de escribir na oficina do seu padrasto, é descuberto e acaba no reformatorio só, sen o seu mellor amigo. Porén, cumpre un gran soño que tiña desde pequeno: ver o mar.
Truffaut tamén incluíu amigos en pequenos papeis: el mesmo e Philippe De Broca na escena da feira, Jacques Demy como policía e as voces de Jean-Luc Godard e Jean-Paul Belmondo.
Truffaut realizou outros catro filmes con Léaud interpretando a Antoine Doinel en diferentes etapas da súa vida: Antoine and Colette (contribución de Truffaut ao filme antolóxico de 1962 L'Amour à vingt ans), Baisers volés, Domicile conjugal e L'amour en fuite.
Os cineastas Akira Kurosawa, Luis Buñuel, Satyajit Ray, Jean Cocteau, Carl Theodor Dreyer, Richard Linklater, Tsai Ming Liang, Woody Allen, Richard Lester, P C Sreeram, Norman Jewison, Wes Anderson e Nicolas Cage citaron o filme como un dos seus favoritos.[5][6] Kurosawa dixo que era "un dos filmes máis fermosos que nunca vin".[7]
Martin Scorsese incluíuno nunha listaxe dos "39 Essential Foreign Films for a Young Filmmaker".[8]
O filme foi clasificado no posto 29 na lista da revista Empire dos "100 mellores filmes do cinema mundial" en 2010.[9] En 2018, o filme foi votada como o oitavo mellor en lingua estranxeira de todos os tempos na enquisa da BBC a 209 críticos en 43 países.[10]
O cartel do 71.º Festival Internacional de Cinema de Venecia foi un tributo ao filme, ao mostrar a personaxe de Antoine Doinel interpretada por Jean-Pierre Léaud.[11][12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.