filme de 1968 dirixido por François Truffaut From Wikipedia, the free encyclopedia
Baisers volés é un filme francés de 1968 dirixido por François Truffaut e protagonizado por Jean-Pierre Léaud e Claude Jade. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 41ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.[3]
Baisers volés | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Baisers volés |
Director | François Truffaut |
Produtor | François Truffaut Marcel Berbert |
Guión | François Truffaut Claude de Givray Bernard Revon |
Intérpretes | Jean-Pierre Léaud Claude Jade Delphine Seyrig |
Música | Antoine Duhamel Canción: Que reste-t-il de nos amours? de Charles Trenet |
Fotografía | Denys Clerval |
Montaxe | Agnès Guillemot |
Estudio | Les Films du Carrosse |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | Aviñón: 14 de agosto de 1968 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Comedia e drama |
Orzamento | 350 000 dólares[1] |
Recadación | 1,5 millóns de dólares[1] 1 156 101 entradas (Francia)[2] |
Na rede | |
A historia comeza cando Antoine Doinel, quen de pequeno fuxira do seu fogar como se describe en Les Quatre Cents Coups, é licenciado do servizo militar e reencóntrase coa súa amiga Christine. Agora na vida civil, Antoine busca un traballo para sobrevivir, comezando polo de vixilante nocturno, mais por infortunadas situacións e pola súa ineptitude e mal sorte acaba sendo despedido. Consegue entón un traballo como detective privado e deste xeito acaba infiltrado nunha tenda de zapatos como vendedor, a petición do dono da tenda, quen quere saber por que as persoas que o rodean o detestan. Antoine termina seducido pola esposa do dono, con quen ten unha aventura.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.