From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos leptostráceos (Leptostraca) é unha orde de crustáceos da clase dos malacostráceos, a única da subclase dos filocáridos.[1]
Leptostráceos Leptostraca Rango fósil: Cámbrico - Actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nebalia bipes | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subordes | |||||||||||||
|
As súas especies, entre elas as do ben estudado xénero Nebalia, encóntranse en todos os océanos do mundo e adoitan considerarse que son organismos filtradores.[2]
Crese que son os membros máis primitivos da súa clase, a dos malacostráceos, e apareceron por primeira vez no rexistro fósil durante o período Cámbrico.[3]
A suborde foi descrita en 1904 polo zoólogo escocés, especialista en carcinoloxía, William Thomas Calman.[1]
O nome científico Leptostraca está formado pola unión dos elementos de latín científico lept- e -ostraca.[4] O primeiro deriva do adxectivo do grego antigo λεπτός leptós, "fino", delgado",[4] e o segundo do latín científico -ostracum, neutro tirado do grego antigo ὄστρακον óstracon, "vasilla de barro", "anaco dunha vasilla rota", e tamén "cuncha" (de molusco ou de crustáceo).[5][6][7][8] Literalmente: "os de casca fina".
A orde só contén unha suborde, a dos nebaliáceos (Nebaliacea).[1]
Os leptostráceos adoitan seren pequenos, normalmente miden de 5 a 15 mm de lonxitude.[9]
Estes crustáceos distínguense dos demais membros da súa clase por ter sete segmentos abdominais, en lugar de seis. A súa cabeza ten ollos compostos pedunculados, dous pares de antenas (unha birrámea e outra unirrámea) e un par de mandíbulas, pero sen maxilípedos.[2]
A casca é grande e comprende dúas valvas que cobren a cabeza e o tórax, incluíndo a maioría dos apéndices torácicos, e serve como bolsa de cría para os embrións en desenvolvemento. Os seis primeiros segmentos abdominais levan pleópodos, mentres que o sétimo ten un par de furcas caudais (apéndices abdominais en forma de forcada), que poden ser homólogas aos urópodos doutros crustáceos.[10]
Teñan as branquias nas extremidades torácicas, pero tamén respiran a través dunha membrana respiratoria no interior da casca. Os ovos eclosionan nun estadio postlarvario que carece dunha casca totalmente desenvolvida, pero que é parecida á dos adultos.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.