moeda fraccionaria de Grecia From Wikipedia, the free encyclopedia
Leptón, plural lepta (en grego antigo: λεπτόν, pl. λεπτά) é a denominación dada a diversas moedas fraccionarias da Antiga Grecia e da Grecia Moderna, que se mantén como denominación fracción centesimal do euro.[1][2][3][4][5]
O seu símbolo de moeda non oficial (xa que non é unha unidade principal) é Λ (lambda).
A palabra tiña o significado xeral de "pequeno" ou "fino" e, durante os períodos clásico e helenístico, o leptón sempre foi unha moeda de escaso valor, xeralmente a fracción máis pequena das existentes dunha unidade superior (equivalente á sétima parte dun calco ou a medio cuadrante romano).[6][7][8]
A moeda que se menciona na pasaxe da "Ofrenda da viúva" dos Evanxeos sinópticos (Marcos 12:41-44 e Lucas 21:1-4) como "mite" ou pequena moeda de cobre é realmente o leptón.[9][10] Novamente aparece esta moeda no Evanxeo de Lucas cando se afirma que á persoa que non faga as paces a tempo co seu adversario se lle pedirá "ata o derradeiro leptón" para ser liberado da cadea.[11]
“ | ... καὶ ἐλθοῦσα μία χήρα πτωχὴ ἔβαλεν λεπτὰ δύο, ὅ ἐστιν κοδράντης. ... (... e chegou unha viúva pobre e botou dúas moediñas de cobre, ou sexa, un cuadrante ... |
” |
No reino dos asmoneos o leptón foi cuñado por vez primeira por Alexandre Xaneo no século I a. de C.
Na Grecia moderna, o leptón (en grego moderno: λεπτό) foi a moeda fraccionaria equivalente á centésima parte de todas as súas unidades monetarias: o fénix (1827-1832), o dracma (1832-2001) e o euro (a partir de 2002).[12][13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.