Leo Nucci, nado en Castiglione dei Pepoli (Boloña) o 16 de abril de 1942, é un barítono italiano especialmente recoñecido no repertorio verdiano e verista.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Leo Nucci comezou os seus estudos de canto con Mario Bigazzi, proseguíndoos con Giuseppe Marchesi en Boloña durante os anos 1959-68. En 1967 gañou o concurso de canto de Spoleto sendo aínda alumno de Marchesi. Foi daquela cando debutou en escena, no papel de Fígaro, na ópera de Rossini Il barbiere di Siviglia. Porén, Nucci non comezou como solista, senón que formou parte do coro do Teatro alla Scala de Milán. Proseguiu os seus estudos con Ottoviano Bizzani en Milán e en 1973 gañou o Concours de Vercelli e volveu debutar como solista, desta vez co papel titular da ópera Rigoletto de Verdi.
En 1976 fixo o seu debut en La Scala cun grande éxito, novamente no papel de Fígaro. Nos seguintes anos debutou nos principais teatros de ópera do mundo, incluíndo a Royal Opera House, Covent Garden en Londres, onde acudiu en 1978, na ópera Luisa Miller de Verdi; a Wiener Staatsoper de Viena, a Metropolitan Opera de Nova York, onde debutou en 1980 no papel de Renato en Un ballo in maschera, e Salzburgo en 1989 baixo a dirección de Herbert von Karajan.
De 1991 a 2008 actuou no Arena di Verona, principalmente nos roles de Nabucco e Rigoletto.[1] Nos últimos anos ten sido particularmente intensa a súa relación co Festival Verdi e co Teatro Regio di Parma.
En 2008 cantou no Teatro alla Scala en Gianni Schicchi e Macbeth. No 2011 interpretou a Nabucco no Teatro dell'Opera de Roma con motivo do 150 aniversario da Unificación de Italia.[2] Esta representación foi retransmitida pola canle de televisión franco-alemá de servizo público Arte.
É recoñecido particularmente no repertorio verdiano (Rigoletto, Amonasro en Aida, Giorgio Germont en La traviata, o Conde de Luna en Il trovatore, Macbeth, Yago en Otello, Nabucco, Carlos V en Ernani, Miller en Luisa Miller, Guido di Monforte en Les vêpres siciliennes, Rodrigo en Don Carlos, Renato en Un ballo in maschera) e pucciniano (Scarpia en Tosca, Gianni Schicchi en Gianni Schicchi). Tamén ten afrontado papeis en óperas de Mozart, Donizetti, Giordano ou Cilea.
En xaneiro de 2016 cantou como Rigoletto na obra Rigoletto no Teatro alla Scala de Milán, a carón de Nadine Sierra como Gilda.[3]
Os papeis que máis veces ten interpretado son os de Fígaro e Rigoletto, este último interpretado en máis de 400 ocasións. Ten colaborado con practicamente tódolos directores de orquestra destacados.
A súa voz é un firme instrumento capaz dunha salientable proxección dramática. É forte, de timbre escuro, e grande expresión, o que ten determinado que destaque sobre todo nos grandes papeis de Verdi para barítono. O efecto das súas interpretacións sobre o escenario vénse reforzados pola súa inmensa presenza escénica e credibilidade interpretativa.
O seu repertorio alcanza máis de 45 papeis, incluíndo a meirande parte dos roles de barítono de Donizetti e Verdi. Os seus papeis máis destacados son o de Rigoletto, Fígaro en Il barbiere di Siviglia, Doutor Malatesta en Don Pasquale de Donizetti, o conde de Luna en Il Trovatore de Verdi, Yago en Otello de Verdi. Tamén ten interpretado óperas de Bellini e de compositores veristas.
- Nucci está involucrado en diversas actividades benéficas.
- Está casado coa soprano Adriana Anelli, e ten unha filla chamada Cinzia.
- O 23 de xuño de 2009 foi a primeira persoa en facer un bis no Teatro Real de Madrid dende a súa reinauguracion en 1997[4], xa que no antigo Teatro, pechado en 1926 xa o fixera Miguel Fleta.
Leo Nucci ten recibido, ao longo da súa carreira, un gran número de condecoracións e premios, sendo os máis importantes:
Recitais
- Leo Nucci-Verdi Arias (1983)
- Leo Nucci-Belcanto Arias (1988)
- Leo Nucci-Parlami d'amore (1990)
- Leo Nucci-Opera Arias (1997)
- Leo Nucci-Parlami d'amore (1999)
Óperas
- As gravacións destacadas pola Guía Penguin, nas que ten participado Leo Nucci, son:
- Rossini: Il viaggio a Reims, con Ricciarelli, Terrani, Cuberli, Gasdia, Araiza, Giménez, Raimondi, Dara, Coro Filharmónico de Praga, Orquestra de Cámara de Europa, dirixidos por Claudio Abbado, DG.
- Verdi: La Traviata, con Gheorghiu, Lopardo, Coro e Orquestra da Royal Opera House, Covent Garden, dirixidos por Georg Solti, Londres.
- Gravacións dos seus roles destacados:
- Donizetti: Doutor Malatesta en Don Pasquale, gravación dirigida por Riccardo Muti, con S. Bruscantini, M. Freni, G. Winbergh, Coro Ambrosian Opera, Orquestra Philharmonia (EMI, 1983).
- Rossini: Fígaro en Il barbiere di Siviglia, gravado dúas veces, destacando a dirixida por G. Patanè, con W. Matteuzzi, Cecilia Bartoli, Paata Burchuladze, E. Fissore, Orquestra e coro do Teatro Comunales di Bologna (Decca, 1989).
- Verdi: Rigoletto, gravación dirixida por Riccardo Chailly, con Luciano Pavarotti, June Anderson, Nicolai Ghiaurov, Shirley Verrett, Vitalba Mosca, Natale de Carolis, Roberto Scaltriti, Piero de Palma, Carlo de Bortoli, Anna Caterina Antonacci, Marilena Laurenza, Orazio Mori, Coro e Orquestra do Teatro Comunal de Boloña (London/Decca, 1989).
- Verdi: o conde de Luna en Il Trovatore, dirixido por R. Muti, con Savatore Licitra, Barbara Frittolo, Violetta Urmana, Giorgio Giuseppini, Ernesto Gavazzi, Tiziana Tramonti, Francesco Biasi e Ernesto Panariello, Coro e Orquestra do Teatro alla Scala (Sony Classical, 2002).
- Verdi: Yago en Otello, dirixido por Sir Georg Solti, con Luciano Pavarotti, Dame Kiri Te Kanawa, Anthony Rolfe Johnson, Dimitri Kavrakos, Alan Opie, Elzbieta Ardam, John Keyes, Richard Cohn, Coro e Orquestra Sinfónicos de Chicago (London/Decca, 1991).
- Outras gravacións:
- Donizetti: Belcore en L'Elisir d'Amore, gravado en tres ocasións: unha con dirección de James Levine, con Kathleen Battle, Luciano Pavarotti, E. Dara, Orquestra e Coro do Metropolitan de Nova York (DG, 1989); outra dirixida por Claudio Scimone, con Katia Ricciarelli, José Carreras, D. Trimarchi, Orquestra e Coro da RAI de Turín (Philips, 1984); e unha máis baixo a dirección de Alfred Eschwé, acompañado por Rolando Villazón, Anna Netrebko, Ildebrando d'Arcangelo e a Orchester der Wiener Staatsoper (Virgin Classics, 2005-2006).
- Umberto Giordano: Gérard en Andrea Chénier, con dirección de R. Chailly, con Luciano Pavarotti, Montserrat Caballé, K. Kuhlmann, Christa Ludwig, T. Krause, Coro da Welsh Nacional Opera, National Philharmonic Orchestra (Decca, 1984).
- Verdi: Macbeth, rol titular na gravación dirixida por R. Chailly, con S. Verrett, V. Lucchetti, Samuel Ramey, Orquestra do Teatro Comunales de Boloña (Decca, 1986).
- Verdi: Rodrigo en Don Carlos, na gravación dirixida por C. Abbado, con Plácido Domingo, Katia Ricciarelli, Ruggiero Raimondi, L. Valentín-Terrani, N. Ghiaurov, Orquestra e Coro do Teatro alla Scala de Milán, versión en francés en cinco actos (DG, 1984).
- Verdi: Carlos en Ernani, na gravación dirixida por Richard Bonynge, con Luciano Pavarotti, Dame Joan Sutherland, Paata Burchuladze, Linda McLeod, Richard Morton e Alastair Miles, co Coro e Orquestra da Welsh National Opera (London/Decca, 1998).
- Gravacións audiovisuais:
- Macbeth (1987), película franco-belga, dirixida por Claude d'Anna, con Shirley Verrett, Samuel Ramey, Johan Leysen, Veriano Luchetti e Philippe Volter.
- Il Barbiere di Siviglia (1989), produción estadounidense para televisión, dirixida por Brian Large, con Rockwell Blake, Enzo Dara e Kathleen Battle.
- Rigoletto (2001), produción italiana para televisión, dirixida por Pierre Cavassilas, con Aquiles Machado e Inva Mula.
Recite all'Arena di Verona:
- 1977 Romeo e Giulietta, Mercuzio
- 1978 Madama Butterfly, Sharpless
- 1988 Serata di gala per José Carreras
- 1991 Rigoletto
- 1993 Pagliacci,Tonio
- 1994 Serata di gala per Plácido Domingo
- 1995 Rigoletto
- 1996 Nabucco; Il barbiere di Siviglia, Figaro
- 1997 Rigoletto
- 1998 Un ballo in maschera, Renato; Nabucco; Rigoletto
- 1999 Aida, Amonasro
- 2000 La forza del destino, Don Carlo; La traviata, Giorgio Germont
- 2001 Rigoletto
- 2002 Nabucco
- 2003 Rigoletto
- 2004 Rigoletto
- 2005 Nabucco
- 2007 Nabucco; Il barbiere di Siviglia, Figaro
- 2008 Nabucco, Rigoletto
Bibliografía
- Blyth, A., Notas ao CD “Ten top baritones & Basses”, Decca, 1993.
- Alier, R., Heilbron, M. e Sans Rivière, F., La discoteca ideal de la ópera, Planeta, Barcelona, 1995. ISBN 84-08-01285-1
- Greenfield, E., e outros, The New Penguin Guide to Compact Discs, Penguin Group, 1988,