From Wikipedia, the free encyclopedia
Don Carlos, ou Don Carlo na versión en italiano, é unha ópera en cinco actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en francés de François Joseph Méry e Camille du Locle, baseado no drama Dom Karlos, Infant von Spanien de Schiller. Foi estreada o 11 de marzo de 1867 no Teatro Imperial da Ópera de París.
Portada do libreto da versión italiana. | |
Forma | Grand opéra |
---|---|
Actos e escenas | 5 actos |
Idioma orixinal do libreto | Francés |
Libretista | J. Mèry e C. du Locle |
Fontes literarias | F. Schiller: Don Carlos (1787) |
Estrea | 11 de marzo de 1867 |
Teatro da estrea | Ópera de París |
Lugar da estrea | París |
Duración | 3 horas 30 minutos (versión en 4 actos, 3 horas)[1] |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Personaxes | |
Don Carlos (tenor lírico-spinto) |
Os acontecementos históricos rodean e dirixen boa parte do drama. Para Verdi esta ópera representaba a loita da liberdade contra a opresión política e religiosa, representadas nos personaxes de Filipe II e o Grande Inquisidor. A historia está baseada en conflitos na vida de Carlos de Austria e Portugal (1545–1568) logo de que a súa prometida, Isabel de Valois, casara co seu pai, o rei Filipe II como parte do tratado de paz que puxo fin á guerra italiana de 1551-1559 entre as Casas de Habsburgo e Valois; aparecen a Contrarreforma, a Inquisición e a rebelión dos calvinistas en Flandres, Brabante e Países Baixos.
Ao longo de vinte anos, realizáronselle cortes e adicións á ópera, o que deu como resultado unha gran diversidade de versións dispoñibles para directores. Ningunha outra ópera de Verdi ten tantas versións. Coa súa duración íntegra (incluíndo o ballet e os cortes feitos antes da primeira representación), contén arredor de catro horas de música, sendo a ópera máis longa de Verdi.[3]
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea 11 de marzo de 1867[4][5] (Director: François George-Hainl) |
Versión revisada Elenco na estrea 10 de xaneiro de 1884[4] (Director: - ) |
---|---|---|---|
Filipe II (Philippe/Filippo) o Rei de España, fillo de Carlos I e pai de Don Carlos | baixo | Louis-Henri Obin | Alessandro Silvestri |
Don Carlos (Don Carlo), Infante de España, fillo e hedeiro do Rei | tenor | Jean Morère | Francesco Tamagno |
Rodrigue (Rodrigo), Marqués de Posa, un amigo do Infante Don Carlos | barítono | Jean-Baptiste Faure | Paul Lhérie |
O Grande inquisidor de España (Diego, cardeal de Espinosa na época, mais non mencionado como tal na ópera) | baixo | Joseph David | Francesco Navarini |
Isabel de Valois, unha princesa francesa, inicialmente prometida a Don Carlos, mais logo casada co Rei Filipe | soprano | Marie-Constance Sass | Abigaille Bruschi-Chiatti |
La princesa de Éboli, unha aristócrata na corte | mezzosoprano | Pauline Guéymard-Lauters | Giuseppina Pasqua |
Un monxe (a aparición do defunto emperador Carlos V, ou Carlo Quinto) | baixo | Armand Castelmary | Leopoldo Cromberg |
Thibault (Tebaldo), paxe de Isabel | soprano | Leonia Levielly | Amelia Garten |
Unha voz do Ceo | soprano | ||
O conde de Lerma, un delegado español en Francia | tenor | Gaspard | Angelo Fiorentini |
Heraldo real | tenor | Mermant | Angelo Fiorentini |
Condesa de Aremberg, unha dama de compañía de Isabel | papel mudo | Dominique | |
Representantes flamengos, inquisidores, damas e cabaleiros da corte española, o pobo, gardas, paxes, monxes, soldados - coro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.