Lencería
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lencería é unha categoría de roupa principalmente feminina que inclúe roupa interior (principalmente sosténs), roupa de durmir e batas lixeiras. A elección da palabra adoita estar motivada pola intención de dar a entender que as pezas son atractivas, de moda ou ambas as dúas cousas.[Cómpre referencia] Nunha enquisa de 2015 nos Estados Unidos de América, o 75 % das mulleres e o 26 % dos homes informou de ter usado lencería sexy ao longo da súa vida.[1]
A lencería está feita de tecidos lixeiros, elásticos, lisos, transparentes ou decorativos como seda, satén, licra, charmeuse, gasa , ou (especialmente e tradicionalmente) encaixe. Estes tecidos poden estar feitos de fibras naturais como a seda ou o algodón ou de fibras sintéticas como o poliéster ou o nailon.