Fetichismo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Fetichismo
Remove ads

O fetichismo, no plano relixioso, é unha crenza que atribúe a certos obxectos (tales como amuletos) poderes máxicos ou sobrenaturais que protexen as persoas das forzas naturais adversas. No plano sexual é unha parafilia que consiste na focalización do interese sexual nalgunha parte do corpo ou nun obxecto inanimado.[1]

Thumb
A consideración dos pés coma obxecto do fetichismo é unha das prácticas máis comúns e coñecidas
Remove ads

Fetichismo sexual

O fetichismo sexual caracterízase por situar o interese erótico en obxectos pouco ou nada axeitados para a realización de actos sexuais xenitais. Trátase de obxectos inanimados que están en visible relación coa persoa sexual máis que co acto sexual. Esta condición de obxecto substitutivo levou a Sigmund Freud a enunciar a hipótese de que todo obxecto conscientemente sexual é xa o resultado dunha substitución. Freud clasifica o fetichismo entre as desviacións relativas ao fin sexual, máis concretamente entre as que supoñen unha fixación como fin sexual de aquilo que, segundo a xenitalidade, só é preliminar.[2]

O fetichismo sexual considérase unha práctica inofensiva, agás no caso de que provoque malestar clinicamente significativo ou problemas á persoa que o padece ou a terceiros. Nese caso pode chegar a considerarse un trastorno patolóxico.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads