Lago Baikal
lago no sur da Siberia oriental / From Wikipedia, the free encyclopedia
O lago Baikal (ruso: о́зеро Байка́л, Ózero Baykal; buriato: Байгал нуур, Baigal nuur; mongol: Байгал нуур, Baigal nuur, etimoloxicamente o significado en mongol e "o lago da natureza"[2]) é un lago de orixe tectónica localizado no sur da Siberia oriental (Rusia), entre o Óblast de Irkutsk no noroeste e a República dos Buriatos no sueste, preto da cidade de Irkutsk. O seu nome deriva do tártaro Bai-Kul, «lago rico». Na tradición rusa, o lago é chamado «mar», e nas linguas buriata e mongol é chamado «Dalái-Nor», ou «Mar Sagrado»[3]. Tamén se lle chama o Ollo azul de Siberia e a Perla de Asia pola calidade das súas augas, que foi das mellores do planeta e que está perdéndoa progresivamente debido á contaminación.
Lago Baikal Озеро Байкал - Ózero Baikal | |
---|---|
Costa do lago Baikal coas vías do tren. | |
País | Rusia |
Rexión | Sibéria oriental |
Localización | Óblast de Irkutsk República dos Buriatos |
Coordenadas | 53°30′N 108°12′L |
Superficie | 31.722 km²[1] |
Capacidade | 23 615 390[1] hm³ |
Lonxitude | 636 km |
Ancho | 79 km |
Conca fluvial | Río Ienisei |
Cota | 455,5 msnm |
Costa | 2.100 km |
Profundidade | 1 642[1] m |
Prof. media | 744.4[1] m |
Tipo | Lago de auga doce de orixe tectónica |
Afluentes | Selenga, Chikoy, Khilok, Uda, Barguzin, Angara |
Desaugues | Angara |
Illas | 27 (Olkhon) |
Cidades | Irkutsk |
Referencia | * Os valores do perímetro, área e volume poden ser imprecisos debido as estimacións desenvolvidas, podendo non estar normalizadas. |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este lago forma parte do sistema fluvial Ienisei-Angara-lago Baikal-Selenga-Ider, que ten unha lonxitude de 5 539 km e considérase o quinto río máis longo do mundo, tralo Amazonas, Nilo, Yangtzé e o Mississippi-Missouri.
O Baikal é o lago do mundo que máis auga doce contén, arredor do 22-23% da auga doce mundial non conxelada[4][5][6]. Con 23 615,39 km3 de auga doce[1], contén máis auga que todos os Grandes Lagos de Norteamérica[7]. Cunha profundidade máxima de 1 642 m[1], o Baikal é tamén o lago máis profundo do mundo[8]. Está considerado como un dos lagos con menor turbidez do mundo[9] e o máis antigo[10] cunha idade de 25–30 millóns de anos[11][12]. Ao igual co Lago Tanganica, o Baikal formouse nun antigo foso tectónico tendo a típica forma longa e crecente e ocupando unha superficie 31 722 km2[1], que o converten no sétimo maior lago do mundo.
O lago Baikal foi declarado pola UNESCO Patrimonio Mundial da Humanidade en 1996[11].
A área pouco definida arredor do lago é ás veces coñecida como Baikalia. É menos común que o concepto de Transbaikalia ou Dauria, a rexión ao leste do Baikal, fogar de miles de especies vexetais e animais, moitas das cales son endémicas da rexión[13]. É tamén o fogar dos buriatos[14][15], criando gando, cabras, camelos, ovellas e cabalos[15], onde a temperatura varía desde un mínimo de -19 °C ata un máximo de 14 °C[16].