![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/Russia_edcp_location_map.svg/langgl-640px-Russia_edcp_location_map.svg.png&w=640&q=50)
Olkhon
From Wikipedia, the free encyclopedia
Olkhon (ruso: 'Ольхо́н', tamén transliterado como Olchon) é a cuarta illa lacustre máis grande do mundo. É de lonxe a illa máis grande do Lago Baikal na Siberia oriental, cunha superficie de 730 km². Estruturalmente, actúa como a marxe ao suroeste do cantil Academician. A illa mide 71´5 km de longo e 14 km. de largo.
Olkhon | |
---|---|
Ольхон | |
![]() Mapa da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Óblast | Óblast de Irkutsk |
Mar | Lago Baikal |
Coordenadas | 53°09′24″N 107°23′01″L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa lacustre |
Superficie | 730 km² |
Longura máxima | 72 km. |
Largura máxima | 13´7 km. |
Punto máis alto | 1.276 m., 818 m sobre o nivel do lago. Monte Zhima |
Demografía | |
Capital | Chuschir |
Poboación | 1.742 (2018) |
Hai dúas versións con respecto á orixe do nome da illa e ambas se derivan do idioma dos Buriatos, os pobos indíxenas de Olkhon. A primeira é que o nome da illa provén da palabra oyhon - "leñoso", e a segunda é que provén de olhan - "seco".[1] Aínda se discute cal dos dous é a orixe real do nome Olkhon xa que ambas palabras describen perfectamente a illa. Gran parte da illa aínda está cuberta por bosques e a cantidade de precipitacións é extremadamente baixa, ao redor de 240 mm por ano.