composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A lactosa é un disacárido formado pola unión dunha molécula de glicosa e outra de galactosa. Tamén recibe a denominación de lactina, lactobiosa, 4-Beta-D-piranosil-D-glicosa ou azucre do leite posto que se atopa presente nel. Realmente na súa formación interveñen dous monosacáridos: a Beta-galactopiranosa e unha Beta-glicopiranosa, unidas polo Carbono 1-4 (desta reacción obtense unha molécula de auga).
Lactosa | |
---|---|
β-D-galactopiranosil-(1→4)-D-glicosa | |
Outros nomes Azucre do leite | |
Identificadores | |
Número CAS | 63-42-3 |
PubChem | 6134←← |
ChemSpider | 5904 |
UNII | J2B2A4N98G |
Número CE | 200-559-2 |
ChEBI | CHEBI:36218 |
ChEMBL | CHEMBL417016 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C12H22O11 |
Masa molecular | 342,30 g/mol |
Aspecto | sólido branco |
Densidade | 1,525 g/cm3 |
Punto de fusión | 202.8 °C[1] |
Punto de ebulición | 668.9 °C[1] |
Solubilidade en auga | 21,6 g/100 mL[2] |
Termoquímica | |
Entalpía estándar de combustión ΔcH |
5652 kJ/mol, 1351 kcal/mol, 16,5 kJ/g, 3,94 kcal/g |
Perigosidade | |
EU Index | non listado |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | 357.8 °C [1] |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
É un sólido cristalino, xeralmente branco, soluble en auga e insoluble alcois. O seu sabor é doce , obtense por concentración e cristalización do soro do leite dos mamíferos cunha molécula de hidratación e a súa masa molar é de 360.32 g/mol.
Denomínase azucre do leite por aparecer nel nunha proporción do 4 ó 5%. No caso dos humanos é necesaria a presenza do enzima lactase para a súa correcta absorción. Cando o organismo non é capaz de asimilala correctamente padécense unha serie de síntomas que determinan unha intolerancia á lactosa. A intolerancia á lactosa é unha enfermidade da mucosa intestinal causada pola carencia de dita enzima. Os seus principais síntomas son: a dor abdominal, a flatulencia,a perda de peso, a diarrea... que se solucionan cunha dieta privada en produtos que posúan esta substancia.
É un elemento primordial na dieta dos mamíferos lactantes, utilízase en multitude de produtos da industria alimentaria, na fabricación de lévedos e proteínas comestibles, na industria farmacéutica e como absorbente en cromatografía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.