Kufiya
From Wikipedia, the free encyclopedia
A kufiya ou keffiyeh (en árabe: كوفية, que significa "da cidade de Kufa" (en árabe: الكوفة); plural كوفيات), tamén coñecida como ghutrah (غُترَة), shemagh (شماغ, chafiye (en persa: چَفیِه) ou cemedanî (en kurdo: جه مه داني), é unha peza de vestir tradicional do Oriente Medio con forma de bufanda a cadros, polo xeral feitos de algodón. É levada polos árabes, así como polos xudeus mizrahi e os kurdos.[1]
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
É empregado en rexións áridas xa que proporciona protección contra as queimaduras do Sol, o po e a area. O seu recoñecible patrón de cadros pode ter a súa orixe nas antigas representacións mesopotámicas de redes de pesca ou espigas de gran,[2] mais a verdadeira orixe deses patróns aínda é descoñecida.
A finais da década de 1980, a kufiya converteuse nun complemento de moda nos Estados Unidos de América e, durante a década de 2000, fíxose moi popular entre a mocidade de Toquio, onde era vestido como estilo de roupa de camuflaxe.