sétimo Secretario Xeral da Organización das Nacións Unidas From Wikipedia, the free encyclopedia
Kofi Atta Annan, nado en Kumasi, Ghana, o 8 de abril de 1938 e finado en Berna o 18 de agosto de 2018,[1] foi Secretario Xeral da Organización das Nacións Unidas e laureado co Premio Nobel da Paz no 2001.
De orixe nobre na súa terra natal, o seu nome significa "nacido nun venres". Despois de comezar a estudar Economía na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Kumasi, Kofi recibiu unha bolsa para continuar os seus estudos nos EUA.
Annan comezou a traballar nas Nacións Unidas ao ingresar en 1962 na Organización Mundial da Saúde. Ao longo dos anos exerceu diferentes funcións na ONU ata chegar ao posto de secretario-xeral o 1 de xaneiro de 1997. En decembro de 2006, logo de nove anos no cargo, foi substituído polo surcoreano Ban Ki-Moon.
Predecesor: Butros Butros-Ghali |
Secretario Xeral das Nacións Unidas 1997 - 2006 |
Sucesor: Ban Ki-moon |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.