From Wikipedia, the free encyclopedia
Kimigayo (君が代?) é o himno nacional do Xapón. A súa letra é a máis antiga de entre os himnos nacionais do mundo, ademais dunha das máis curtas cunha lonxitude de 11 medidas e 32 caracteres. A súa letra procede dun poema waka escrito no período Heian (794–1185),[1] e a melodía adaptouse en 1880, substituíndo a outra melodía pouco popular composta once anos antes. Malia que o título "Kimigayo" adoita traducirse coma "O Reinado da súa Maxestade Imperial", non hai unha tradución oficial do título ou da letra establecida por lei.[2]
Dende 1888 ata 1945 "Kimigayo" serviu coma himno nacional do Imperio do Xapón. Trala disolución do imperio seguindo a súa rendición ó final da Segunda guerra mundial, o estado do Xapón sucedeuno en 1945. O emperador Hirohito permaneceu no trono, e "Kimigayo" mantívose coma o himno nacional de facto. Quedou recoñecido oficialmente por lei coma o himno nacional do país no ano 1999.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.