cantante estoniana From Wikipedia, the free encyclopedia
Kerli Köiv Vazmart, máis coñecida polo seu nome artístico Kerli, nada en Elva (Estonia) o 7 de febreiro de 1987, é unha artista musical estoniana.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2010.) |
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (et) Kerli Kõiv 7 de febreiro de 1987 (37 anos) Elva, Estonia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estonia |
Actividade | |
Ocupación | cantante , artista musical , compositora de cancións , compositora , pianista , produtora musical |
Período de actividade | 2002 - |
Xénero artístico | Música pop, indie pop, trip hop (pt) , Synthpop, rock alternativo, Dream pop, pop rock, Música industrial, Rock gótico, música para bailar e música electrónica |
Influencias | |
Lingua | Lingua estoniana e lingua inglesa |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Island Records Universal Music Group Ultra Music |
Páxina web | kerlimusic.com |
Kerli medrou con poucas comodidades, xunto coa súa única irmá Samantha Köiv Vazmart, e tamén coa forte convicción de que algún día ía cambiar de ambiente. Isto non lle resultou demasiado complexo, e con 14 anos quedou segunda no certame Eurolaul, que clasifica os artistas estonianos para participar no Festival de Eurovisión.
Con estudos en canto, ballet, actuación e piano clásico, Kerli decidiu adicarse de cheo á música, con bos resultados. No 2006 firmou un contrato discográfico con Island/Def Jam, no 2007 lanzou o seu EP debut e no 2008, o seu primeiro álbum de estudio, titulado Love Is Dead. Segundo o sitio web da artista, neste álbum atopamos implícita toda a historia da pequena Kerli, con inicio nunha pequena aldea de Estonia, e tendo que cruza-lo mar cara a Escandinavia para poderse converter nunha artista de verdade.
Dese cambio na súa contorna, Kerli afirma que medrou moito como persoa, xa que na súa terra non se lle permitía amosa-las emocións e, dada a falta de opcións, o seu soño de marchar e facer música foi sempre a súa maneira de evadirse e fuxir.
Outras cancións que podemos atopar no mesmo disco son: "I Want Nothing", "Bulletproof", "Beautiful Day", "Butterfly Cry", "Fragile" e "Hurt Me", cantada xunto coa súa irmá.
«Nunca tiven un soño que non se chegara a realizar» confesou Kerli, cando se dispoñía a viaxar ós Estados Unidos para gravar. «Canto máis grande sexa o soño, máis tempo leva que se faga realidade. No momento no que te deixas levar, é cando algo acode a ti». «Todo o que desexo é ser feliz. Quero facer do amor a miña armadura para que nada me poida ferir».
Gravou tamén dúas cancións para a banda sonora de Alice in Wonderland, "Strange" (xunto con Tokio Hotel) e "Tea party" (cun vídeo musical).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.