![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Banner_of_the_Qulla_Suyu.svg/langgl-640px-Banner_of_the_Qulla_Suyu.svg.png&w=640&q=50)
Katarismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O katarismo (en quechua: katariy) é un movemento político en Bolivia que recibe o nome do dirixente indíxena do século XVIII Túpac Katari. A súa formulación, sumada ao indixenismo, son o sustento ideolóxico e organizativo dos procesos de emerxencia indíxena desenvolvidos dende a década de 1970 e teñen o seu punto culminante nas mobilizacións contra as políticas neoliberais dos anos 2000 ao 2005, que levaron á presidencia de Bolivia ao dirixente Evo Morales. As formulacións indianistas e kataristas foron parcialmente incorporados na nova Constitución política do Estado boliviano de 2009 e no discurso oficial do goberno de Morales formulados como o «vivir ben» e o «estado plurinacional», mais non foron plenamente realizados.[1][2]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Banner_of_the_Qulla_Suyu.svg/640px-Banner_of_the_Qulla_Suyu.svg.png)