Karl Barth
From Wikipedia, the free encyclopedia
Karl Barth, nado en Basilea 1886 e finado na mesma cidade en 1968, foi un teólogo suízo, un dos principais pensadores do movemento neoortodoxo, con grande influencia en moitos dos teólogos protestantes posteriores.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Naceu en Basilea, pero pasou a infancia en Berna, entre 1911 e 1921 foi pastor da Igrexa reformada suíza en Safenwil, no cantón de Aargau, máis tarde foi profesor de teoloxía en Bonn, deixou Alemaña en 1935 por rexeitar apoiar a Adolf Hitler e tras ser un dos autores principais da declaración teolóxica de Barmen (1934), na que se opuña aos desexos nazis de controlar o cristianismo alemán e que deu orixe á Igrexa confesante e a compromisos radicais ata o martirio como o de Dietrich Bonhoeffer. De volta en Basilea foi profesor de teoloxía. Deixou unha forte pegada en autores como Oscar Cullmann ou Jürgen Moltmann.