From Wikipedia, the free encyclopedia
Oscar Cullmann, nado en Estrasburgo o 25 de febreiro de 1902 e finado en Chamonix o 16 de xaneiro de 1999, foi un pensador luterano francés.
Estudou filoloxía antiga e teoloxía. Foi profesor en Estrasburgo, Basilea e a Sorbona. Experto en interpretación bíblica e historia das Igrexas. Fixo importantes achegas ao ecumenismo sendo un dos artífices do diálogo entre o luteranismo e a Igrexa católica.
Foi un activista da axuda aos refuxiados franceses en Suíza durante a segunda guerra mundial, membro do comité executivo do Instituto Ecuménico de Xerusalén e observador no Concilio Vaticano Segundo onde foi a referencia da teoloxía protestante.
Partidario do método exexético pretende superar o enfoque filosófico na interpretación da Biblia. Influíu en teólogos insignes como Joachim Jeremías ou Joseph Ratzinger.
O tempo cristián ten unha dirección, fronte ao tempo cíclico helénico e que é un cárcere, describe unha liña recta que se dirixe á salvación en Xesús de Nazaret.
A intervención de Deus na historia caracterízase por un proceso de concentración (elección dun pobo, individuo ou comunidade humildes) e universalización (elección que é un servizo e entrega en beneficio de todos). Sería o caso de Israel pobo humilde entre grandes Imperios, e de Cristo.
A unión das Igrexas non debe supoñer uniformidade, senón diversidade. Non deben perder a súa substancia nin a súa identidade. Concede a posibilidade dun papel de primacía ao papado, sen poderes xurisdicionais.
O seu pensamento potencia a idea de que a antropoloxía cristiá primixenia afirma a bondade do corpo que non se concibe como un mal a superar como no dualismo grego de raíz platónica. No Evanxeo o home é unitario non un composto de dúas substancias corpo e alma.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.