Monxe budista e filósofo xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia
Kūkai (en xaponés: 空海), tamén coñecido postumamente como Kōbō-Daishi (弘法大師, "o gran mestre que propagou a ensinanza budista"), nado en Zentsūji en 774 e finado no monte Kōya en 835, foi un monxe budista, estudoso, poeta e artista xaponés, que fundou o budismo shingon ou escola "mantra" do budismo. Os seguidores do shingon adoitan referirse a el polo título honorífico de Odaishisama (お大師様) e o nome relixioso Henjō-Kongō (遍照金剛).
Nome orixinal | (ja) 空海 |
---|---|
Nome póstumo | 弘法大師 |
Biografía | |
Nacemento | (ja) 佐伯眞魚 27 de xullo de 774 Zentsū-ji (en) |
Morte | 22 de abril de 835 (60 anos) Monte Koya (pt) |
Causa da morte | morte morrida |
Lugar de sepultura | Okunoin (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Relixión | Budismo |
Actividade | |
Ocupación | lexicógrafo , calígrafo , bhikkhu , poeta , lingüista , filósofo |
Profesores | Hui-kuo (en) |
Alumnos | Shinzei (en) , Shinga (en) , Jitsue (en) , Q11641856 , Q11394794 , Takaoka-shinnō (en) , Q11528796 , Q11555724 , Chisen (en) e Q11491316 |
Pseudónimo literario | 教海 空海上人 お大師さん 空海 如空 お大師様 |
Lingua | Lingua xaponesa |
Participou en | |
630 | Japanese missions to Tang China (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Nao Saeki (en) |
Pais | Saeki no Tagimi (en) e Tamayorigozen (en) |
Irmáns | Shinga (en) e Saeki no Suzukimaro (en) |
Parentes | Chisen (en) (sobriño) Shinzen (en) (sobriño) Enchin (en) (sobriño) |
Kūkai é célebre como calígrafo e enxeñeiro. Unha lenda atribúelle a invención do silabario kana, en que se escribe a lingua xaponesa, ademais de escribir o poema Iroha, que axudou a estandarizar e popularizar o kana.[1]
Kūkai naceu en Zentsūji (Shikoku) no seo dunha familia aristocrática xaponesa, e dende novo estudou budismo, confucianismo e taoísmo, estudos que dominou amplamente, o que lle permitiu desenvolver no ano 798 un traballo coñecido como Shiki sango ("Principio das tres ensinanzas").
No ano 804 viaxou á China xunto co monxe Saichō, para estudar o budismo esotérico (Vajrayāna) en Chang'an, a gran capital da dinastía Tang. Fíxose discípulo de Hui Kuo, un dos mestres máis importantes do budismo na China.
Co tempo, Kūkai desenvolveu a súa propia síntese da práctica e da doutrina esotérica centrada no Buda cósmico Vairocana.
Regresou ao Xapón en 806 e fíxose abade nun templo de Kyoto.
Foi o fundador da seita shingon, unha forma esotérica do budismo xaponés.
Durante 819 comezou a construción dun gran templo na montaña de Koya ou Koyasan. O seu coñecemento relixioso e cultural acreditouno como un dos precursores do silabario katakana. Foi coñecido como un gran poeta e mestre de caligrafía. É un dos autores que compilou o dicionario máis antigo do Xapón. Creou unha importante ruta de peregrinación circular que percorría toda a illa de Shikoku e que consistía en visitar 88 templos. As lendas da súa sabedoría atópanse por todo o Xapón.
Kūkai (空海) é un filme de 1984 dirixido por Junya Sato. Kūkai é interpretado por Kin'ya Kitaōji e Saichō por Go Kato.
O filme de 1991 Mandala (en chinés: 曼荼羅; en xaponés: 若き日の弘法大師・空海), coprodución chinesa-xaponesa, está baseado nas viaxes de Kūkai pola China. Está protagonizado por Toshiyuki Nagashima como Kūkai.
O filme de 2017 Yāo Māo Zhuàn inclúe a Shōta Sometani como Kūkai.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.