Político español From Wikipedia, the free encyclopedia
José Posada Herrera, nado o 31 de marzo de 1814[1] en Posada de Llanes, Llanes, Asturias, e finado o 7 de setembro de 1885[1], tamén en Llanes, foi un avogado e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1814 Llanes, España |
Morte | 7 de setembro de 1885 (71 anos) Llanes, España |
Embaixador de España na Santa Sé | |
1868 – | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
3 de xaneiro de 1866 – 30 de decembro de 1866 Circunscrición electoral: Q42108193 | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
30 de decembro de 1864 – 12 de xullo de 1865 Circunscrición electoral: Q42108193 | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , ministro , economista , profesor universitario , xurista |
Partido político | Izquierda Dinástica |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Estudou Dereito e Economía na Universidade de Oviedo onde foi nomeado profesor de Economía Política en 1838.[2] Foi profesor da Escola especial de Administración en 1843, membro da Real Academia de Moral e Ciencias Políticas (1857), da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación (1864) e presidente do Ateneo de Madrid.[3]
Desde o ano 1839 comezou unha intensa actividade política que o fixo testemuña e protagonista excepcional do seu axitado tempo. Durante o período entre 1839-1841, foi deputado por Asturias[1] polo Partido Progresista, mais a partir de 1842 achegouse ás filas do Partido Moderado, combatendo con dureza ao seu antigo compañeiro Salustiano Olózaga Almandoz e colaborou na caída da rexencia de Espartero, destacando, con todo, pola súa independencia como parlamentario.
Nomeado ministro de Gobernación (entre 1858 e 1865), nos gobernos presididos por Francisco Javier de Istúriz e Leopoldo O'Donnell, onde foi denominado "o gran elector",[4] pola falta de escrúpulos e a habelenza, para que nas eleccións o goberno mantivese o control do resultado, para acada-la vitoria.[5]
En 1868 pasou a ser embaixador perante a Santa Sé en Roma para conseguir a reconciliación desta coa Revolución. Participou na redacción das Constitucións de 1869[6] e 1876, chegando a ser elixido por unanimidade, en 1876 durante a Restauración, presidente da cámara dos Deputados. Ocupou importantes cargos políticos como membro do Consello Real, e Presidente do Consello de Estado (1881).
Finalmente, chegou a ser Presidente do Consello de Ministros dende o 10 de outubro de 1883[7] –nese momento como pertencente a Izquierda Dinástica- durante pouco tempo pois Sagasta, o 18 de xaneiro de 1884, conseguiu tombar o goberno[8]. Pretendeu levar a cabo varias reformas pero o seu goberno deixou case tódalas súas reformas inacabadas.
Pouco antes de morrer, recibiu de Afonso XII a condecoración do Vélaro de Ouro.[1]
Dentro do seu traballo como xurista, destacan os catro volumes de Lecciones de Administración[9] (1843) reproducidos, os tres primeiros, polo Instituto Nacional de Administración Pública, en 1978 e o cuarto -que foi pensado para ser perdido– dedicado á Beneficienca Pública, polo Servizo de Publicacións da Universidade de Oviedo, en 1995, grazas á investigación que fixo Francisco Sosa Wagner –profesor de Dereito Administrativo na Universidade de León- sobre o autor a quen considera o pai do Dereito Público en España e a quen se refiren dous dos seus últimos traballos: Posada Herrera actor y testigo del siglo XIX (1995) e La construcción del Estado y del Derecho Administrativo: ideario jurídico-político de Posada Herrera (2001). Para outros especialistas tamén é considerado como o "pai da ciencia administrativa española".[10]
A investigación sobre este autor, especialmente sobre a súa actuación como parlamentario e político, é de grande interese actual, estando pendentes de publicación por varias investigacións, sobre o seu arquivo privado, que contén numerosos documentos e correspondencia con contido político e legal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.