avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Pardo Bazán Mosquera, conde de Pardo Bazán, nado na Coruña o 20 de xuño de 1827 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1890[1], foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José María Pardo Bazán y Mosquera 20 de xuño de 1827 A Coruña, España |
Morte | 23 de marzo de 1890 (62 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | Pazo de Meirás (1915–) cemiterio de Santo Amaro da Coruña (1890–1915) |
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático | |
1869 – 1871 Circunscrición electoral: A Coruña | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
1855 – 1856 Circunscrición electoral: A Coruña | |
Alcalde da Coruña | |
1854 – 1854 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Emilia Pardo Bazán |
Pai | Miguel Pardo Bazán |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Pardo Bazán (José), p.329) |
Fillo de Miguel Pardo Bazán e Joaquina Mosquera Ribera, casados en 1821.[2] Estudou dereito en Madrid e na Universidade de Santiago de Compostela. Con Manuel Vázquez de Parga, foi fundador e redactor de Revista de Galicia. Jornal de intereses materiales, morales e intelectuales. Casou na Coruña en 1850 con Amalia de la Rúa Figueroa Somoza e foi pai de Emilia Pardo Bazán (filla única), que naceu no mes de setembro de 1851. Foi alcalde da Coruña e elixido deputado a Cortes pola Coruña nas eleccións de 1854 e 1869.[3] Morreu de forma repentina en 1890. Soterrárono primeiro no cemiterio de Santo Amaro da Coruña, e en 1905 os seus restos trasladáronse ao pazo de Meirás.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.