político e xurista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Manuel Romay Beccaría, nado en Betanzos o 18 de xaneiro de 1934, é un político e xurista galego, foi ministro de Sanidade e Consumo e presidiu o Consello de Estado de 2003 a 2004 e de 2012 a 2018.
Fillo de Emilio Romay Montoto. En 1956 licénciase en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o Premio Extraordinario de fin de carreira. Tras impartir clases de Dereito Administrativo durante un ano nesa universidade, viaxa a Madrid para preparar as oposicións de Letrado do Consello de Estado, obtendo a praza en 1959.
En 1963 é nomeado, baixo a ditadura do Xeneral Franco, Secretario Xeral de Sanidade, cargo no que permanece ata 1966. Retoma a súa praza como letrado, ata asumir en 1973 a dirección do Instituto de Estudios de Administración Local. Permaneceu poucos meses nese cargo, pois en 1974 foi nomeado Subsecretario de Presidencia, e en 1975 Subsecretario de Gobernación.
Xa en democracia, regresa a Galicia en 1982 para ocupar a vicepresidencia do primeiro goberno da Xunta de Galicia. Ese mesmo ano é elixido deputado pola provincia da Coruña, nas listas de Alianza Popular, escano que mantería ata 1989. Entrementres, en 1987 accede á presidencia da Deputación da Coruña, cargo onde permanecerá ata 1989, cando foi deposto por unha moción de censura. En 1990 foi nomeado Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal do goberno galego. Ó ano seguinte asumiu a Consellería de Sanidade, permanecendo no cargo ata 1996.
Coincidindo coa vitoria electoral do Partido Popular nas eleccións xerais dese ano foi nomeado Ministro de Sanidade e Consumo. Ostentou a carteira ministerial ata 2000, coincidindo coas eleccións xerais nas que o PP obtivo a maioría absoluta, retornando ao Congreso e pasando a presidir a Comisión de Xustiza e Interior.
En 2003 foi nomeado presidente do Consello de Estado de España, cargo no que permaneceu ata a vitoria electoral do PSOE nas eleccións xerais de 2004. Na actualidade é presidente de honra do Partido Popular da provincia da Coruña.
Logo das Xerais de 2011, que coinciden coa vitoria do Partido Popular de Mariano Rajoy, é designado polo Parlamento de Galicia senador en representación da comunidade autónoma, e meses despois, en marzo de 2012, é elixido de novo como presidente do Consello de Estado, posto que ocupou ata 2018, cando foi substituído por María Teresa Fernández de la Vega.[1]
Predecesor: Enrique Marfany |
Presidente da Deputación da Coruña 1987−1989 |
Sucesor: Salvador Fernández Moreda |
Predecesor: Francisco Sineiro |
Conselleiro de Agricultura 1990−1991 |
Sucesor: Tomás Pérez Vidal |
Predecesor: Manuel Montero Gómez |
Conselleiro de Sanidade 1991−1996 |
Sucesor: Xosé María Hernández Cochón |
Predecesor: Ángeles Amador |
ministro de Sanidade e Consumo 1996−2000 |
Sucesor: Celia Villalobos |
Predecesor: Íñigo Cavero |
presidente do Consello de Estado 2003−2004 |
Sucesor: Francisco Rubio Llorente |
Predecesor: Francisco Rubio Llorente |
presidente do Consello de Estado 2012−2018 |
Sucesor: María Teresa Fernández de la Vega |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.