![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Giuseppe_Macpherson_-_Jusepe_de_Ribera.jpg/640px-Giuseppe_Macpherson_-_Jusepe_de_Ribera.jpg&w=640&q=50)
José de Ribera
pintor activo en Italia / From Wikipedia, the free encyclopedia
José de Ribera y Cucó nado en Xàtiva (Valencia) o 12 de xaneiro de 1591 e finado en Nápoles, Italia, o 2 de setembro de 1652,[1] foi un pintor e gravador de orixe española do século XVII, que desenvolveu toda a súa carreira en Italia e principalmente en Nápoles. Foi tamén coñecido co seu nome italianizado Giuseppe Ribeira e co alcumo Lo Spagnoletto («o españolito») debido á súa baixa estatura e a que reivindicaba as súas orixes asinando as súas obras como «Jusepe de Ribera, español» (como no seu cadro Apolo e Marsias ou «setabense» (de Xàtiva) ou en varias obras indicando ambas as cousas á vez, sendo común que asinase como «Jusepe Ribera, español, setabense, Partenope»[2].
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1591 ![]() Xàtiva (España) ![]() |
Morte | 3 de setembro de 1652 ![]() Nápoles ![]() |
Lugar de sepultura | Santa Maria del Parto a Mergellina, Naples (en) ![]() ![]() |
Pintor de cámara | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Aragón ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura ![]() |
Lugar de traballo | Nápoles (1616–1656) Parma (1609–1616) Roma Valencia ![]() |
Ocupación | pintor , debuxante , debuxante arquitectónico , artista gráfico , gravador , artista visual ![]() |
Xénero artístico | Arte sacra e pintura mitolóxica ![]() |
Movemento | Barroco ![]() |
Profesores | Francisco Ribalta (pt) ![]() ![]() |
Alumnos | Luca Giordano ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Caterina Azzolino |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cultivou un estilo naturalista que evolucionó do tenebrismo[1] de Caravaggio cara a unha estética máis colorista e luminosa, influída por van Dyck e outros mestres. Contribuíu a forxar a grande escola napolitana (Giovanni Lanfranco, Massimo Stanzione, Luca Giordano...), que o recoñeceu como o seu mestre indiscutible; e as súas obras, enviadas a España desde data moi temperá, influíron en técnica e modelos iconográficos aos pintores locais, entre eles Velázquez e Murillo. Os seus gravados circularon por media Europa e consta que ata Rembrandt os coñecia. Autor prolífico e de éxito comercial, a súa fama reverdeceo durante a eclosión do realismo no século XIX; foi un referente imprescindible para realistas como Léon Bonnat. Algunhas das súas obras foron copiadas por pintores de varios séculos: Fragonard, Manet, Henri Matisse...
Ribera é un pintor destacado da escola española, aínda que a súa obra fíxose integramente en Italia e de feito, non se coñecen exemplos seguros dos seus inicios en España. Etiquetado por longo tempo como un creador truculento e sombrizo, maiormente por algunhas das súas pinturas de martirios, este prexuízo diluíuse nas últimas décadas grazas a múltiples exposicións e investigacións, que o reivindican como creador versátil e hábil colorista. Achados recentes axudaron a reconstruír a súa primeira produción en Italia, etapa á que o Museo do Prado dedicou unha exposición en 2011.