José Altafini
futbolista italobrasileiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
José João Altafini, nado en Piracicaba, São Paulo o 24 de xullo de 1938, é un exfutbolista brasileiro, de ascendencia italiana. Coñecido nos seus inicios no Brasil como Mazzola, debido á súa semellanza co centrocampista Valentino Mazzola, xogaba como dianteiro e tras militar no XV de Piracicaba e no Palmeiras, aos 20 anos deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Milan. Co club lombardo gañou varios títulos, entre eles a Copa de Europa na tempada 1962/63, na que anotou 14 goles, establecendo unha marca que estivo vixente durante máis de medio século ata que foi superada en 2014 por Cristiano Ronaldo.
Altafini | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José João Altafini | ||
Nacemento | 24 de xullo de 1938 | ||
Lugar de nacemento | Piracicaba | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1951–1955 | XV de Piracicaba | ||
1955–1956 | Palmeiras | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1954–1955 | XV de Piracicaba | 30 | (2) |
1956–1958 | Palmeiras | 114 | (89) |
1958–1965 | Milan | 205 | (120) |
1965–1972 | Napoli | 180 | (71) |
1972–1976 | Juventus | 74 | (25) |
1976 | Toronto Italia | ||
1976–1979 | Chiasso | 60 | (18) |
1979–1980 | Mendrisiostar | 20 | (11) |
Total | 683 | (336) | |
Selección nacional | |||
1957–1958 | Brasil | 8 | (4) |
1962–1962 | Italia | 6 | (5) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Despois de sete anos no Milan, xogou outros sete no Napoli e catro na Juventus, antes de rematar a súa carreira no fútbol suízo. Prolífico goleador, é o cuarto máximo anotador da historia da Serie A, con 216 goles, os mesmos que Giuseppe Meazza e só superado por Piola, Totti e Nordahl.
Foi internacional coas seleccións do Brasil e de Italia, sendo un dos poucos futbolistas que participaron en dúas Copas do Mundo con dúas seleccións diferentes. Disputou o Mundial de 1958 cos brasileiros, proclamándose campión, e o de 1962 co equipo italiano. Trala súa retirada traballou como comentarista na televisión italiana.