O Mundial de Chile de 1962 foi un certame deportivo que tivo lugar en Chile entre o 30 de maio e o 17 de xuño de 1962. Foi polémico antes de comezar, xa que o país andino sufriu un gravísimo terremoto poucos meses antes do comezo da competición. Non foron poucas as protestas nas que se reclamaba que os cartos investidos na celebración do torneo fosen destinados a arranxar as infraestruturas do país tralo desastre[Cómpre referencia].
Datos rápidos Tipo, Organizador ...
Mundial de Fútbol de 1962 |
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
---|
Organizador | FIFA |
---|
Composto por | |
---|
Número de participantes | 16 |
---|
|
Selección de fútbol de Colombia, Selección de fútbol de Iugoslavia, Selección de fútbol da Unión Soviética, Uruguai, Selección de fútbol de Chile, Italia, Alemaña, Suíza, Selección de fútbol de Brasil, Selección de fútbol de México, España, Selección de fútbol de Checoslovaquia, Arxentina, Bulgaria, Inglaterra e Selección de fútbol de Hungría |
|
Localización | Estádio El Teniente (pt) (Rancagua) Estádio Nacional de Chile (pt) (Ñuñoa (pt) ) Estádio Sausalito (pt) (Viña del Mar) Estádio Carlos Dittborn (pt) (Arica) |
---|
País | Chile |
---|
Intervalo de tempo | 30 de maio de 1962 – 17 de xuño de 1962 |
---|
Número de edición | 7 (1962) |
---|
|
Primeiro posto | Selección de fútbol de Brasil (2º) |
---|
|
Partidos | 32 |
---|
Goles | 89 |
---|
|
Máis goles marcados | Flórián Albert↔ Selección de fútbol de Hungría (4) |
Máis goles marcados | Vavá↔ Selección de fútbol de Brasil (4) |
Máis goles marcados | Garrincha↔ Selección de fútbol de Brasil (4) |
Máis goles marcados | Dražan Jerković↔ Selección de fútbol de Iugoslavia (4) |
Máis goles marcados | Valentin Kozmich Ivanov↔ Selección de fútbol da Unión Soviética (4) |
Máis goles marcados | Leonel Sánchez↔ Selección de fútbol de Chile (4) |
|
Número de espectadores | 893.172 |
---|
|
|
|
Pechar
No eido deportivo, destacou o papel do xogador brasileiro Garrincha, principal artífice do segundo título mundial para o seu país[Cómpre referencia]. A lesión de Pelé nos primeiros encontros deulle case todo o protagonismo ofensivo, e dende logo non defraudou a ninguén. A selección de fútbol do Brasil venceu na final á de Checoslovaquia por 3 a 1. Seis xogadores remataron coma máximos anotadores con 4 tantos: os brasileiros Garrincha e Vavá, o húngaro Flórián Albert, o soviético Ivanov, o chileno Leonel Sánchez e o iugoslavo Dražan Jerković.