Jorge Eliécer Gaitán
político colombiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jorge Eliécer Gaitán Ayala, nado en Bogotá o 23 de xaneiro de 1898[1] e finado ibídem o 9 de abril de 1948, foi un xurista, escritor e político colombiano. Foi reitor da Universidade Libre (Colombia) entre 1936 e 1939, da cal, ademais, foi catedrático de Dereito Penal dende 1931 até a súa morte.[2] Foi alcalde de Bogotá no ano 1936, titular en dous ministerios (Educación en 1940 e Traballo en 1944) e congresista durante varios períodos entre 1929 e 1948. Tamén foi candidato presidencial disidente do Partido Liberal nas eleccións de 1946 e o seu posterior xefe único, ademais que ía ser o candidato oficial do partido para as presidenciais de 1950 (que finalmente se desenvolveron en 1949 debido ó seu asasinato).[3]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (es) Jorge Eliécer Gaitán Ayala |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xaneiro de 1903 Bogotá, Colombia |
Morte | 9 de abril de 1948 (45 anos) Bogotá, Colombia |
Causa da morte | asasinato, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Bogotá | |
xuño de 1936 – febreiro de 1937 | |
Ministro de Educación de Colombia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Nacional de Colombia |
Actividade | |
Campo de traballo | Dereito e política |
Ocupación | político , avogado , profesor universitario , xurista |
Partido político | Partido Liberal Colombiano |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Gloria Gaitán |
Pechar