Universidade Nacional de Colombia
universidade pública colombiana / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade Nacional de Colombia é unha universidade pública colombiana da orde nacional, fundada baixo o goberno de Santos Acosta o 22 de setembro de 1867 e rexentada pola Lei 66 de 1867.[2][3] É a universidade máis importante e representativa de Colombia pola súa tradición, prestixio, calidade e selectividade. Está vinculada á historia e produción académica de América Latina.[4] O seu campus insignia, a Cidade Universitaria de Bogotá, é o máis grande do país e conta con 17 edificios declarados monumento nacional.[5][6] Ten sedes en Medellín, Manizales, Palmira, Arauca, Leticia, Tumaco, San Andrés e La Paz (Cesar).[7]
Universidade Nacional de Colombia | |
---|---|
Escudo da universidade. | |
Datos xerais | |
Localización | Bogotá, Colombia |
Datos actuais | |
Reitor | Dolly Montoya Castaño |
Alumnos | 51 374 (2014)[1] |
Datos de contacto | |
Enderezo | Carrera 45 # 26-85, Edificio Uriel Gutiérrez. Bogotá. |
Páxina web | unal.edu.co |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa poboación estudantil é de 49 890 estudantes, dos cales 41 340 son de pregrao e 8550 de posgrao; este feito convértea na academia colombiana con maior número de estudantes.[1][8][9][10] Conta tamén cun total de 2939 docentes activos de planta, a metade con doutoramento.[11] Posúe 94 programas de pregrao, 97 especializacións, 38 especialidades médicas e odontolóxicas, 148 mestrados e 54 doutoramentos distribuídos nas súas 8 sedes.
O 9 de abril de 2010, o Ministerio de Educación Nacional outorgoulle a Acreditación Institucional de Alta Calidade por 10 anos en todas as súas sedes.[12] Numerosas clasificacións sitúana como a mellor do país.[13][14][15] É membro da Asociación Colombiana de Universidades, a Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao (AUIP) e a rede iberoamericana de universidades Universia.[16][17][18]