From Wikipedia, the free encyclopedia
Joomla! é un sistema de administración de contidos código aberto baixo PHP que é utilizado para publicar en Internet e en intranets. Este sistema utilízase cunha base de datos MySQL. Joomla! contén utilidades como feed RSS, blogs e foros, entre outras.
Joomla! | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Open Source Matters |
Publicación inicial | 17 agosto 2005 |
Última versión | 5.1.4 (27 agosto 2024[1]) |
Repositorio | github |
Escrito en | PHP, JavaScript |
Sistema operativo | Microsoft Windows, Unix-like |
Plataforma/s | CMS |
Lingua/s | Varias Galego: (Joomla 3) |
Licenza | Licença Pública Geral GNU, versão 2.0 ou posterior |
Sitio web | https://www.joomla.org |
O seu nome é unha pronunciación fonética da verba suahili jumla que vén a dicir todos xuntos.
A primeira versión do Joomla! (Joomla! 1.0.0) foi publicada no 16 de setembro do 2005. Tratábase dunha versión mellorada do Mambo 4.5.2.3 mesturada con outras modificacións de seguridade e anti-bugs. Posteriormente, os programadores publicaron Joomla! 2.0 baixo un código completamente reescrito e construído baixo PHP 5.
Joomla! esta publicado baixo unha licenza GNU GPL.
Unha das melloras que ten este CMS é a gran cantidade de extensións programadas que fan tódolos usuarios, e que fan crecer as posibilidades do Joomla! con novas características que se integran de xeito sinxelo no programa. Por exemplo o bot Wikibot[2] permite crear automaticamente de xeito dinámico e sen intervención humana hipeligazóns nos contidos da web que ligan cara artigos da Wikipedia, sempre que existan.
O galego é unha das traducións oficiais de Joomla! desde a versión 1.5.11 (2009-06-05). A tradución de dita versión oficial está a ser mantida por Proxecto Trasno.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.