director, guionista e produtor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
John Frederick Milius, nado o 11 de abril de 1944, é un guionista, produtor e director estadounidense. Foi un dos guionistas dos dous primeiros filmes da saga Harry o sucio. Recibiu un nomeamento ós Oscar como guionista de Apocalypse Now, e escribiu e dirixiu O vento e o león, Conan o bárbaro e Amencer vermello.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1944 (80 anos) St. Louis, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade do Sur de California USC School of Cinematic Arts (en) Steamboat Mountain School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, guionista, realizador |
Período de actividade | 1966 - |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Amanda Milius |
Na década de 1960 intentou alistarse no exército pero foi rexeitado por problemas de saúde. Comezou a súa carreira no mundo do cinema a partir dun concurso de filmes de estudantes en 1967, no cal gañou o primeiro premio co filme I'm So Bored. Comezou a traballar noutros filmes de pequenos orzamentos e finalmente en producións meirandes. Malia ter comezado como guionista, decidiu traballar como director ó quedar satisfeito coas modificacións feitas ós seus guións para The Life and Times of Judge Roy Bean e As aventuras de Jeremiah Johnson (1972).[1] Fascinado pola guerra de Vietnam, escribiu con Francis Ford Coppola o guión de Apocalypse Now en 1979, polo cal foi nomeado ó Oscar ó mellor guión adaptado.[2] O seu filme máis coñecido como director, Conan o bárbaro (1982), é considerado unha ilustración nietzschiana das ideas persoais do seu autor, e lembrado polo protagonista do filme, Arnold Schwarzenegger, como unha experiencia traumática.[3] Traballou tamén como conselleiro de guións en diversos filme, como Tiburón e The Hunt for Red October.
En 2005, creou con William J. MacDonald, para a canle inglesa BBC e para a estadounidense HBO, a serie de televisión Rome. En 2009, participou no guión do videoxogo Homefront de Kaos Studio.[4] En 2010, participou como guionista e director no desenvolvemento do proxecto da serie de televisión Pharaoh, semellante a Rome, pero esta volta ambientada no Antigo Exipto.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.