arqueólogo e numismático inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
John Evans, nado o 17 de novembro de 1823 en Burnham, Buckinghamshire, e finado o 31 de maio de 1908 en Berkhamsted, Herrtfordshire, foi un arqueólogo, numismático e xeólogo inglés.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1823 Burnham (pt) |
Morte | 31 de maio de 1908 Berkhamsted. Hertfordshire. Inglaterra. |
Presidente da Sociedade Xeolóxica de Londres | |
1874 – 1876 ← George Campbell (pt) – Peter Martin Duncan (pt) → | |
10º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1874 – 1908 ← William Sandys Wright Vaux (en) – Henry Hoyle Howorth → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, arqueoloxía e xeoloxía. |
Ocupación | antropólogo , xeólogo , empresario , arqueólogo , historiador da arte , numismático |
Membro de | |
Influencias en | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Harriet Ann Dickinson. Frances Phelps. Maria Millington Lathbury. |
Fillos | Lewis Evans (en) , Arthur Evans, Joan Evans (pt) |
Premios | |
- (1880): Medalla Lyell. - (1887): Medalla da RNS. | |
John Evans era o terceiro dos seis fillos do reverendo Arthur Benoni Evans (1781-1854), un escritor e erudito amplo coñecedor de linguas clásicas e modernas, e de Anne Dickinson.[2] Aos 17 anos comezou a traballar na compañía de produción de papel John Dickinson & Co. Ltd. en Nash Mills, no condado de Hertfordshire, que fora establecida polo seu tío (e máis tarde sogro) John Dickinson (1782-1869), quen tamén era o seu socio principal. En 1850 John Evans foi admitido como novo socio da compañía e desde entón xa non se retirou da súa xestión ata 1885.[3][4]
Ademais da atención aos seus negocios, John Evans foi un salientable anticuario, arqueólogo, numismático e xeólogo. Ao longo da súa carreira presidiu as seguintes institucións académicas e científicas:[5]
En 1864 foi elixido membro da Royal Society, institución da que foi tesoureiro durante dúas décadas (1878-1898).[5][6]
En tanto que presidente da Sociedade de Anticuarios de Londres, Evans tiña atribuído o posto de administrador do Museo Británico, e despois mantivo este posto con carácter permenente ata a súa xubilación en 1898.[5] Logo da doazón feita polo seu fillo, Arthur Evans, este museo alberga unha colección de antigüidades da Idade de Ferro procedentes das escavacións que John Evans fixo xunto con John Lubbock no sitio arqueolóxico de Hallstatt, en Austria.[7]
A maior parte da súa ampla colección arqueolóxica foi doada, tamén polo seu fillo, ao Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford. Entre as pezas máis salientables están as xoias anglosaxoas coñecidas como "Cruz de Ixworth" e "Fibela de Tostock".[8] Os seus fondos bibliográficos foron doados á Biblioteca Bodleian e hoxe forman parte da Biblioteca Sackler, da Universidade de Oxford.[9]
As súas honras académicas inclúen graos honoríficos por diversas universidades (Oxford, Dublín, Cambridge, Toronto etc.) e foi nomeado membro correspondente ou membro honorario de entidades de países como Francia, Luxemburgo, Portugal, Italia, Irlanda, os EEUU, Canadá, Bélxica e Mónaco.[5]
John Evans casou en tres ocasións, enviuvou dúas delas e tivo seis fillos. A súa primeira muller foi Harriet Ann Dickinson, filla do inventor e empresario John Dickinson e de Ann Grover. Neste primeiro matrimonio tivo cinco fillos:[13][14]
A súa primeira muller morreu o 1 de xaneiro de 1858 e Evans casou entón cunha curmá dela, Frances Phelps, nada en 1826 e que faleceu o 22 de setembro de 1890.[13]
O 9 de xullo de 1892, John Evans casou con Maria Millington Lathbury (1856-1944), coa que tivo unha filla, Dame Joan Evans, unha recoñecida historiadora da arte medieval francesa e inglesa, autora dunha biografía familiar.[4][13][16]
John Evans é autor de máis de 140 artigos en revistas de arqueoloxía e numismática,[17] ademais de diversos traballos monográficos, dos que varios foron no seu día foron considerados como referencias no seu ámbito:[18][19]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.