John B. Watson
psicólogo estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
John Broadus Watson, nado en Travelers Rest (Carolina do Sur) o 9 de xaneiro de 1878 e finado en Woodbury (Connecticut) o 25 de setembro de 1958, foi un psicólogo estadounidense que estableceu a escola do condutismo. Watson promoveu un cambio na psicoloxía co discurso Psychology as the Behaviorist Views it, que deu na Universidade de Columbia en 1913.[1] Mediante as súas achegas condutistas, Watson dirixiu investigacións sobre o comportamento animal, cría dos nenos e publicidade. Ademais, dirixiu o controvertido experimento "Little Albert" e o experimento Kerplunk. Watson popularizou o uso da teoría científica co condutismo.[2] Foi tamén o editor de Psychological Review de 1910 a 1915.[3] Un estudo de Review of General Psychology publicado en 2002, situou a Watson como o 17.º psicólogo máis citado do século XX.[4]
Nome orixinal | (en) John Broadus Watson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de xaneiro de 1878 Greenville, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 25 de setembro de 1958 (80 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Willowbrook Cemetery (en) |
Presidente da Asociación Americana de Psicoloxía | |
1915 – 1915 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Furman University (en) Universidade de Chicago Greenville High School (en) |
Director de tese | James Rowland Angell (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Psicoloxía |
Ocupación | psicólogo , político |
Empregador | Universidade Johns Hopkins |
Membro de | |
Profesores | John Dewey |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Ickes (–1920) Rosalie Rayner (1920–1935), morte |
Fillos | William Rayner Watson (en) () Rosalie Rayner (pt) Mary Ickes Watson (en) () Mary Ickes (en) James Broadus Watson (en) () Rosalie Rayner (pt) John Ickes Watson (en) () Mary Ickes (en) |