Connecticut
estado dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
Connecticut é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión de Nova Inglaterra. Connecticut é o terceiro estado máis pequeno en extensión territorial dos EE.UU, soamente Delaware e Rhode Island son menores. Con todo, cos seus 3.405.565 habitantes, Connecticut é o cuarto estado americano máis densamente poboado do país.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
State of Connecticut (en) | |||||
Himno | Yankee Doodle (pt) (1978) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Qui Transtulit Sustinet (en) » | ||||
Símbolo oficial | Tordo-americano (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Constitution State | ||||
Nomeado en referencia a | Río Connecticut | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Hartford | ||||
Contén a división administrativa | Condado de Fairfield Condado de Hartford (pt) Condado de Litchfield (pt) Condado de Middlesex (pt) Condado de New Haven (pt) Condado de New London (pt) Condado de Tolland (pt) Condado de Windham (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.605.944 (2020) (251,16 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.385.437 (2020) | ||||
Lingua oficial | sen valor | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14.357 km² | ||||
Auga | 12,65 % | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 152 m | ||||
Punto máis alto | Mount Frissell (en) (748 m) | ||||
Punto máis baixo | Long Island Sound | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 9 de xaneiro de 1788 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Connecticut (en) | ||||
• Governor of Connecticut (en) | Ned Lamont (pt) (2019–sen valor) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Xeral de Connecticut , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Connecticut Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-CT | ||||
Identificador GNIS | 1779780 | ||||
Páxina web | portal.ct.gov |
A principal fonte de renda de Connecticut é a prestación de servizos financeiros e inmobiliarios. A capital do Estado, Hartford, é coñecida nacionalmente como Insurance City (A Cidade dos Seguros), por mor da gran cantidade de compañías de seguros que están situadas na cidade.
Connecticut foi unha das Trece Colonias orixinalmente colonizadas polo Reino Unido. A colonia de Connecticut foi a primeira subdivisión localizada no que son actualmente os Estados Unidos de América en posuír unha Constitución escrita, chamada Fundamental Orders (Mandatos Fundamentais), ou First Orders (Primeiras Ordes), adoptada o 14 de xaneiro de 1639. Esta Constitución colonial serviría de base para a formación da Constitución americana. Oficiais de Connecticut tiveron un papel esencial na aprobación do "gran Compromiso" realizado na Convención Constitucional de 1787, que deu ao Congreso dos Estados Unidos o seu formato actual. Por mor destes eventos, Connecticut foi alcumado The Constituition State (O Estado da Constitución), e o Gran Compromiso de 1787 pasou a ser coñecido nacionalmente como Compromiso de Connecticut. O 9 de xaneiro de 1788, Connecticut converteuse no quinto Estado americano.
A orixe do nome "Connecticut" provén da palabra nativoamericana Quinnehtujqut, que significa "Lugar do Longo Río". Os primeiros europeos en instalarse de forma permanente na rexión de Connecticut foron puritanos ingleses, vindos de Massachusetts, en 1633. The Nutmeg State é outro alcume popular de Connecticut, e os habitantes deste Estado son coñecidos nacionalmente como un "nutmegger".