Jesús María Zamora
futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Jesús María Zamora Ansorena, nado en Errenteria o 1 de xaneiro de 1955, é un exfutbolista vasco que xogaba na demarcación de centrocampista.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Jesús María Zamora Ansorena 1 de xaneiro de 1955 (69 anos) Errenteria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1974 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1982 | Mundial de Fútbol España 1982 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1980 | Eurocopa de Fútbol Italia 1980 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Comezou a xogar na súa vila natal no Don Bosco, de onde o fichou a Real Sociedad en 1973 para xogar no filial, o San Sebastián CF. En 1974 deu o salto ao primeiro equipo, co que debutou con apenas 20 anos e se fixo pronto cun posto no equipo titular. Converteuse no mediocentro organizador do mellor equipo da historia da Real Sociedad, con xogadores como Arconada, Satrústegui, López Ufarte ou Bakero.
Esta idade de ouro do club vasco comezou co subcampionato de Liga na tempada 1979/80, seguindo cos dous títulos de Liga nas tempadas 1980/81 e 1981/82, a Supercopa de España dese mesmo ano, as semifinais da Liga de Campións de 1983 e a Copa do Rei de 1987, e rematou co dobre subcampionato de Liga e Copa de 1988.
Conseguiu o gol que lle deu ao equipo o primeiro título de Liga ao final do último partido de Liga, ante o Sporting de Gijón, cando o Real Madrid xa estaba celebrando o título.
Zamora retirouse en 1989 despois de 14 tempadas no club e 588 encontros oficiais.
Logo de retirado seguiu vinculado ao fútbol, traballando nunha escola de fútbol, o Añorga Club de Fútbol, na Federación Guipuscoana de Fútbol e finalmente no fútbol base da Real Sociedad. No ano 2001 xunto a Julen Masachs actuou como colaborador de Roberto Olabe, que foi nomeado adestrador do primeiro equipo para tentar salvalo do descenso, obxectivo que finalmente acadou. Entre o ano 2002 e 2004 foi o segundo adestrador da Real Sociedad, dirixida por Raynald Denoueix; na tempada 2002/03 o equipo obtivo o subcampionato de Liga.
Zamora debutou coa Selección de fútbol de España o 21 de decembro de 1978, e foi habitual durante os seguintes anos na preparación do Mundial de Fútbol España 1982 e nos que disputou a Eurocopa de Fútbol 1980. Despois do Mundial de España retirouse da selección a causa das lesións.
Foi un dos poucos xogadores da selección daqueles anos que participou na selección europea dos anos 80, xunto con José Antonio Camacho, Arconada e Rafael Gordillo.
Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de Euskadi.
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Liga | Real Sociedad | España | 1981 |
Liga | Real Sociedad | España | 1982 |
Supercopa | Real Sociedad | España | 1982 |
Copa do Rei | Real Sociedad | España | 1987 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.