![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f6/Iohannes_Buridanus_%2528Paris_ca._1370%252C_Krak%25C3%25B3w_cod._BJ_1771%252C_fol._142v%2529.jpg/640px-Iohannes_Buridanus_%2528Paris_ca._1370%252C_Krak%25C3%25B3w_cod._BJ_1771%252C_fol._142v%2529.jpg&w=640&q=50)
Jean Buridan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Jean Buridan, en latín Joannes Buridanus (ás veces escrito en galego Jean Buridán), nado probabelmente en Béthune (Paso de Calais, Francia) ca. 1292 e finado en 1363), foi un filósofo escolástico francés, un dos inspiradores do escepticismo relixioso en Europa.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1295 ↔ 1300 ![]() Béthune, Francia ![]() |
Morte | c. 1358 ![]() París, Francia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de París ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Lóxica, filosofía da natureza e teoloxía ![]() |
Ocupación | filósofo , lóxico , clérigo , catedrático , teólogo , escritor ![]() |
Período de tempo | Filosofía medieval ![]() |
Empregador | Universidade de París ![]() |
Movemento | Nominalismo e lóxica ![]() |
Profesores | William de Ockham ![]() |
Alumnos | Alberto da Saxônia (filósofo) (pt) ![]() ![]() |
Influencias | |
Lingua | Lingua latina e lingua francesa ![]() |
![]() |
Destacou nos estudos de lóxica e nos comentarios a Aristóteles. Foi defensor do principio de causalidade. Como autor de traballos teóricos en óptica e mecánica, formulou unha noción de inercia, intentando explicar o movemento coa teoría do ''impetus'', contra 1340.[1]. Seu nome está frecuentemente asociado ao experimento mental coñecido como o "asno de Budirán".
Como filósofo, Buridan adopta unha posición nominalista, pero non parte dunha linguaxe humana idealizada, o que marca unha diferenza importante entre o seu pensamento e o do seu mestre Guillerme de Occam, con quen se compara moitas veces. Porque, se ben é certo que ambos os dous adoptan a visión segundo a cal os enunciados, sexan falados, escritos ou pensados, son os portadores da verdade ou da falsidade, Occam, porén, tende a ver as proposicións ou enunciados pensados como expresando conceptos únicos, canónicos. Polo contrario, Buridan nunca privilexia un discurso conceptual externo aos axentes que o expresan. Sostén, pola contra, que o significado das expresións faladas e escritas se relaciona con conceptos cognitivos ou psicolóxicos do locutor.
Pero a súa contribución máis importante é a introdución do concepto de ímpeto ou impulso (impetus) ou movemento inercial (momento), que o fai precursor directo neste punto fundamental da mecánica de Copérnico, Galileo e Newton. O impetus, proporcional á masa e á velocidade do axente do movemento, mantén ao móbil no seu estado de movemento sen necesidade de accións ulteriores (inercia).
Foi o precursor tamén da teoría da formación das imaxes ópticas e da cinemática ou ciencia do movemento.