Filosofía
estudo de problemas xerais e fundamentais / From Wikipedia, the free encyclopedia
A filosofía[1] (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría"[2][3]) é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto[4] en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos.
O pensador, de Auguste Rodin, representación clásica dun home inmerso nos seus pensamentos. | |
Orixe do nome | Φιλοσοφία, grego |
---|---|
Orixe | Grecia antiga, séc. VII a.C., Tales de Mileto |
Influencias | mitoloxía |
Influenciados | arte, ciencia, política, dereito, ética, teoloxía, relixión |
Persoeiros principais | Heráclito · Confucio · Demócrito · Sócrates · Platón · Aristóteles · Epicuro · Séneca · Plotino · Agostiño · Avicena · Averroes · Aquino · Escoto · Ockham · Machiavelli · Bacon · Descartes · Vico · Leibniz · Espinoza · Hobbes · Berkeley · Locke · Montesquieu · Hume · Rousseau · Voltaire · Burke · Kant · Hegel · Kierkegaard · Schopenhauer · Mill · Marx · Nietzsche · Peirce · Husserl · |
Definición | é o estudo de cuestións fundamentais relacionadas coa existencia, o coñecemento, a verdade, valores morais e estéticos, para mente e para lingua. |
Coñecida por | estimular o pensamento lóxico e crítico |
Pretende | construír concepcións globais do mundo |
Divídese en | Filosofía occidental, Filosofía oriental |
Ramificacións | epistemoloxía, ontoloxía, ética, metafísica, filosofía social, filosofía política, estética, lóxica |
A filosofía responde ó desexo de saber, busca coñecer as causas das cousas, indagando a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática. Ata o século XVIII-XIX, facía referencia ó conxunto de saberes desinteresados e racionais, que tiñan por obxecto a comprensión xeral do home e do mundo, buscando conclusións sobre as súas causas últimas e bases máis profundas, polo que se diferencia da ciencia, que estuda de xeito único as materias que entran no seu propio campo, dende o punto de vista da súa descrición e explicación por causas próximas.
A filosofía aspira a un coñecemento racional da realidade polas últimas causas, e por iso, considerábase ciencia.[5] Porén, coa nova e máis restritiva noción de ciencia, que aparece na época moderna vinculada ó método matemático e experimental, a filosofía deixa de considerarse ciencia a partir do século XIX.
As súas disciplinas son a lóxica e a teoría do coñecemento, a metafísica, a estética e a ética. A psicoloxía, o mesmo que as demais ciencias, desenvolveuse a partir da filosofía.