James Francis Cameron, nado o 16 de agosto de 1954 en Kapuskasing, Ontario, é un director de cine, produtor e guionista canadense. É unha figura importante da era posterior ao Novo Hollywood e un dos cineastas máis innovadores da industria. Adoita empregar novas tecnoloxías cun estilo cinematográfico clásico. O seu traballo como guionista e director inclúe filmes como Piraña II (1981), Terminator (1984), Aliens (1986), The Abyss (1989), Terminator 2: O xuízo final (1991), True Lies (1994), Titanic (1997) e Avatar (2009) e as súas secuelas. Dirixiu, escribiu, coproduciu e coeditou Titanic (1997), gañando tres Premios Óscar ao mellor filme, mellor Director e mellor montaxe. Recibiu diversos premios da industria, e tres dos seus filmes foron escollidos para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
James Cameron (2012) ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
Biografía |
---|
Nacemento | (en) James Francis Cameron ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) 16 de agosto de 1954 (69 anos) Kapuskasing, Canadá (pt) ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Malibú ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
---|
País de nacionalidade | Canadá ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
---|
Relixión | Ateísmo ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
---|
Educación | Fullerton College (en) (1973–1974) Brea Olinda High School (en) California State University, Fullerton (en) Sonora High School (en) ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
---|
Lateralidade | manicho ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | produtor de cinema , enxeñeiro , filántropo , actor , explorador , produtor de televisión , realizador , montador , inventor , director de cinema , guionista , produtor ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
---|
Período de actividade | 1978 - |
---|
Membro de | |
---|
Lingua | Lingua inglesa, lingua francesa e lingua portuguesa ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Suzy Amis (2000–) Linda Hamilton (1997–1999) Kathryn Bigelow (1989–1991) Gale Anne Hurd (1985–1989) valor descoñecido (1978–1984), divorcio |
---|
Irmáns | John David Cameron (en) ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
---|
Premios - (2013) Medalla Hubbard
- (2013) Premio Nierenberg
- (2012) Science Fiction and Fantasy Hall of Fame
- (2010) Salón da Fama de California
- (2009) Globo de Ouro ó mellor director, premiado polo traballo Avatar
- (2008) Paseo da Fama do Canadá
- (2004) Premio Hans Hass
- (1998) Óscar ó mellor director, premiado polo traballo Titanic
- (1998) Óscar ó mellor filme, premiado polo traballo Titanic
- (1998) Óscar á mellor montaxe, premiado polo traballo Titanic
- (1997) Dallas-Fort Worth Film Critics Association Award for Best Director (en)
, premiado polo traballo Titanic - (1997) Globo de Ouro ó mellor director, premiado polo traballo Titanic
- (1987, 1992) Premio Hugo á mellor presentación dramática, premiado polo traballo Aliens, Terminator 2: O xuízo final
- (1986) Golden Raspberry Award for Worst Screenplay (en)
, premiado polo traballo Rambo: First Blood Part II - premios do Sindicato de Directores
- estrela no Paseo da Fama de Hollywood
-
Compañeiro da Orde do Canadá ![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
|
![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
Pechar
Cameron cofundou as produtoras Lightstorm Entertainment, Digital Domain e Earthship Productions. Ademais de facer cinema, é un turista marítimo de National Geographic e produciu moitos documentais sobre o tema, incluíndo Ghosts of the Abyss (2003) e Aliens of the Deep (2005). Cameron tamén contribuíu ás tecnoloxías de filmación submarina cun vehículo remoto e axudou a crear o sistema de cámaras de fusión dixital en 3D. En 2012, Cameron converteuse na primeira persoa en descender en solitario ao fondo da fosa das Marianas, a parte máis profunda do océano da Terra, no submarino Deepsea Challenger.