Ghosts of the Abyss
filme de 2003 dirixido por James Cameron / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ghosts of the Abyss é un filme documental estadounidense de 2003 producido por Walden Media e distribuído en moitos países a través de Walt Disney Pictures. Foi dirixido por James Cameron despois do seu premiado filme de 1997 Titanic. Durante agosto e setembro de 2001, Cameron e un grupo de científicos realizaron unha expedición ata o naufraxio do Titanic, e mergulláronse en submerxibles rusos para obter imaxes máis detalladas das que ninguén tivese antes. Coa axuda de dous pequenos vehículos remotamente construídos especialmente, alcumados "Jake" e "Elwood", o público tamén pode ver o interior do Titanic e, coa axuda de CGI, o público pode ver o aspecto orixinal do barco superposto á imaxes das profundidades.
Ghosts of the Abyss | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ghosts of the Abyss |
Director | James Cameron |
Produtor | John Bruno James Cameron Chuck Comisky Janace Tashjian Andrew Wight |
Intérpretes | Bill Paxton James Cameron Dr. John Broadwater Dr. Lori Johnston |
Música | Joel McNeely |
Fotografía | Vince Pace D. J. Roller |
Montaxe | David C. Cook Ed W. Marsh Sven Pape John Refoua |
Estudio | Walden Media Earthship Productions Ascot Elite Entertainment Group Golden Village Telepool UGC PH |
Distribuidora | Buena Vista Pictures Distribution (territorios escollidos) Summit Entertainment (internacional)[1] |
Estrea | 31 de marzo de 2003 |
Duración | 61 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Documental |
Orzamento | 13 millóns de dólares[2] |
Recadación | 28,7 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://movies.disney.com/ghosts-of-the-abyss | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cameron tamén convidou ao seu amigo, o actor Bill Paxton, que interpretou a Brock Lovett no filme de 1997. Paxton narra o suceso a través dos seus ollos. O filme estreouse en IMAX 3D e foi nomeada ao premio BFCA ao mellor documental. Os sumerxibles Mir 1 e Mir 2 levaron ao equipo de rodaxe en 12 inmersións.[4]
O filme tamén é coñecido co título Titanic 3D: Ghosts of the Abyss.[5][6]