![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f6/Deepsea_challenger_deep-diving_submersible_DVC1.svg/langgl-640px-Deepsea_challenger_deep-diving_submersible_DVC1.svg.png&w=640&q=50)
Deepsea Challenger
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Deepsea Challenger (DCV 1) é un sumerxible de inmersión profunda de 7,3 metros deseñado para chegar ao fondo do abismo de Challenger, o punto máis profundo que se coñece na Terra. O 26 de marzo de 2012, o director de cinema canadense James Cameron pilotou o submarino para lograr esta meta, converténdose así no primeiro ser humano en chegar ao abismo de Challenger nun vehículo tripulado por unha soa persoa.[1][2][3][4] Construído en Sydney, Australia, pola empresa de investigación e deseño Acheron Project Pty Ltd, o Deepsea Challenger inclúe equipo científico para toma de mostras, así como cámaras tridimensionais de alta definición. Alcanzou o punto máis profundo do océano logo de case dúas horas de descenso dende a superficie.[5]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f6/Deepsea_challenger_deep-diving_submersible_DVC1.svg/320px-Deepsea_challenger_deep-diving_submersible_DVC1.svg.png)