compositor renacentista From Wikipedia, the free encyclopedia
Jacob Obrecht, nado na cidade flamenga de Gante, nos Países Baixos Borgoñóns, en 1457 ou 1458, e finado en Ferrara, Italia, en xullo de 1505, foi un compositor do Renacemento encadrado na escola francoflamenga.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1457 Gante |
Morte | 1 de agosto de 1505 (47/48 anos) Ferrara |
Causa da morte | peste |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Países Baixos borgoñóns |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Xénero artístico | Música sacra (pt) e Música renacentista |
Lingua | Lingua latina |
Obrecht foi durante a súa vida o compositor de misas máis afamado da Europa de finais do século XV, superado só, tras o seu falecemento, por Josquin des Prés, e compuxo ademais numerosos motetes e cancións.[2]
Nado entre os anos 1457 e 1458, foi o único fillo de Willem Obrecht, un trompetista da cidade de Gante, e de Lijsbette Gheeraerts, que morreu en 1460, á idade de 20 anos. O seu suposto retrato, pintado en 1496 e atribuído a Hans Memling ou a un pintor próximo a el, dá a súa idade (38 anos), o que confirma, aproximadamente, a súa data de nacemento.[3]
Coñécense poucos datos acerca da súa formación, alén de que aprende a tocar a trompeta, probablemente, co seu pai. Aprende tamén (seguramente no coro dunha igrexa) a arte de contrapunto e da improvisación sobre un cantus firmus. É moi probablemente que Obrecht coñecese a Antoine Busnois, que traballaba na corte de Borgoña. En calquera caso, coñece con seguridade a súa música, xa que a súa primeira misa presenta coincidencias estilísticas moi significativas coas de Busnois.[4]
Entre 1472, aproximadamente, e 1479 realizou os seus estudos de Teoloxía, sen que hoxe se coñeza onde.
Entre 1479 e 1484, aproximadamente, Obrecht traballa para a igrexa de Santa Xertrude en Berg op Zoom. Pouco tempo antes de ser contratado, foi ordenado sacerdote e dixo que a súa primeira misa.[5]
O 28 de xullo de 1484 o cabido da catedral de Cambrai nomeouno mestre de capela. Ensínalles, xa que logo, aos nenos o canto litúrxico, a técnica do canto polifónico e, máis xeralmente, as diferentes disciplinas musicais. Pero Obrecht comeza a ser acusado de neglixencia no seu traballo e vese forzado a presentar a súa dimisión. O 21 de outubro de 1485 foi destituído polo cabido.[6]
A partir de aí, parece que Obrecht puido ter unha serie de traballos de pouca duración e pasar por dificultades financeiras, sen que iso fose óbice para gozar dunha boa reputación no contexto musical da súa época. Valla como exemplo que Johannes Tinctoris, estando en Nápoles, o distinguiu nunha curta listaxe de grandes compositores do momento.[7][8]
Aínda que a maioría das encargas feitas a Obrecht proviñan de Flandres, fixo, polo menos, dúas viaxes a Italia, unha vez en 1487 e unha segunda en 1505 por invitación do duque de Ferrara, Hércules I d'Este, que apreciaba moito a súa música, moi coñecida na época por toda Italia. Mais a morte do duque ese mesmo ano fai que Obrecht se atope novamente sen emprego. Non se coñece en que concicións queda na cidade ata a súa morte, ocasionada pola epidemia de peste do verán de 1505.[9][10]
Obrecht escribiu sobre todo música relixiosa (misas e motetes), aínda que tamén se lle coñecen algunhas composicións profanas[11][12]. Discípulo de Johannes Ockeghem, Jacob Obrecht foi, xunto con Josquin des Prés, un dos principais representantes da polifonía francoflamenga na fin da Idade Media e no inicio do Renacemento. Nas súas misas e nos seus motetes utilizou sempre a técnica do cantus firmus, pola que escribía, sobre unha melodía adoito preexistente, as restantes voces das composicións polifónicas.[13]
Adheriuse á innovación do estilo holandés. Adiantouse ao seu tempo, especialmente nos eidos da harmonía e da variación nos métodos de tratar unha melodía preexistente, e estes méritos fóronlle recoñecidos polos seus coetáneos.[14] [15]
Na seguinte listaxe recóllense as súas obras conservadas ata hoxe:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.