Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Países Baixos borgoñóns é un termo que describe a antiga entidade xeopolítica que abarcaba os territorios da rexión do Países Baixos que foron incorporándose ao dominio dos duques de Borgoña.
Localización | |||
---|---|---|---|
Capital | Coop of Brussels (en) | ||
Poboación | |||
Relixión | Igrexa católica | ||
Datos históricos | |||
Creación | 1384 | ||
Disolución | 1482 | ||
Sucedido por | Países Baixos dos Habsburgo (pt) | ||
Parte destes territorios foron herdados polos duques de Borgoña, unha rama da Dinastía dos Valois, en 1384, tras a morte de Luís de Mâle, conde de Flandres.
A historia dos Países Baixos borgoñóns abarca un período de case un século, entre o ano 1384, cando a herdeira do derradeiro conde de Flandres casa con Filipe o Temerario, fillo máis novo do rei Xoán II de Francia, e o ano 1477, en que morre sen descendencia masculina o último duque efectivo de Borgoña, Carlos o Temerario, feito que aproveita o rei Lois XI de Francia para incorporar o ducado e outros feudos que ambicionaba á Coroa de Francia
A herdeira do último conde de Flandres, Margarita III de Flandres casara con Filipe o Temerario (1342–1404), fillo máis novo de Xoán II de Francia e o primeiro Valois que foi duque de Borgoña, que herdou así os condados de Flandres, Artois, Rethel, Borgoña e Nevers. Xuntos deron paso á era de goberno borgoñón dos Países Baixos.
Os territorios borgoñóns víronse expandidos co condado de Namur en 1421, os ducados de Brabante e Limburgo en 1439, os condados de Hainaut, Holanda e Zelandia en 1432, o ducado de ducado de Luxemburgo en 1441 e o ducado de Güeldres en 1437.
Desde 1441, o duque Filipe o Bo estableceu a súa Corte en Bruxelas, pero Bruxas era o principal centro comercial, até que na década de 1480 a inevitábel obstrución do seu porto puxo fin á súa hexemonía comercial. Filipe auspiciou a creación de manuscritos ilustrados, e a pintura da corte alcanzou grande altura con Robert Campin, Jan van Eyck e Rogier van der Weyden.
O período borgoñón terminou en 1477, cando Carlos o Temerario morreu no campo de batalla sen deixar herdeiro varón. O rei Lois XI de Francia aproveitou a conxuntura desta morte inesperada, apoderándose do ducado de Borgoña, que anexionou ao dominio real, en base a que as apanages se regulamentaran de forma que ao esgotarse a descendencia masculina debían incorporarse á Coroa, ademais dos condados de Borgoña, Artois e Picardía, á súa afillada e herdeira de Carlos, a duquesa María de Borgoña.
Desta forma, a duquesa tivo que aceptar a restitución dos privilexios suprimidos nos Países Baixos polo Gran Privilexio en febreiro de 1477, o que destruía o labor centralizador dos duques anteriores, Filipe o Bo e Carlos o Temerario. Para contrarrestar a ofensiva francesa, María casou en agosto de 1477 co arquiduque de Austria e futuro emperador Maximiliano I, da Casa de Habsburgo, vinculación que duraría tres séculos. En 1482 morreu a duquesa María, extinguíndose así a rama Valois-borgoñoa.
Os duques borgoñóns da dinastía Valois, que gobernaron diversos territorios nos Países Baixos, foron:
A ampla variedade de bispados e cidades independentes, de sistemas de impostos, pesos e medidas, os diferentes costumes internos e os dereitos locais, firmemente defendidos, foron un estorbo para o goberno dos Valois, e os intentos de fortalecer o control ducal encontráronse con revoltas, apoiadas en ocasións polos nobres locais, que desembocaban en represións violentas.
Pero pouco a pouco conseguiuse un goberno central cada vez máis moderno e centralizado que permitiu que os duques pasaran a seren mecenas recoñecidos e a estableceren unha luxosa vida cortesá que ditou as normas de conduta nas Cortes europeas dos séculos seguintes.
Filipe o Bo ampliou polo sueste o territorio baixo o seu control ao conseguir o goberno de Bruxelas, Namur e Liexa. Canalizou a independencia natural das cidades mediante mecanismos como os Estados Xerais, e consolidou a economía da rexión.
Os Estados Xerais reuníronse por primeira vez en Bruxas o 9 de xaneiro de 1464. Estaban formados por delegados dos estados de Brabante, Flandres, Lille, Douai, Orchies, Artois, Hainaut, Holanda, Zelandia, Namur, Malinas e o Boulonnais. Atñe entón o duque só mantiña lazos con cada Estado provincial por separado. En principio, os Estados estaban compostos por representantes dos tres estamentos tradicionais: o clero, a nobreza e o terceiro estado, pero a composición exacta e a influencia de cada estado nos Estados provinciais podía diferir. A convocatoria dos Estados Xerais nos que todos os Estados provinciais estiveran representados foi parte da política de centralización de Filipe o Bo.
Porén, non foi até 1549, cando o emperador Carlos V, duque titular de Borgoña, pero non efectivo, neto de María de Borgoña e Maximiliano I, estableceu na Pragmática Sanción que os territorios dos Países Baixos formarían unha entidade territorial indivisible.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.