From Wikipedia, the free encyclopedia
María I de Borgoña, nada en Bruxelas (ducado de Brabante) o 13 de febreiro de 1457 e finada en Bruxas (Flandres) o 27 de marzo de 1482), foi duquesa titular de Borgoña e dos demais territorios do Estado borgoñón: duquesa de Brabante, da Baixa Lorena, de Güeldres, e Limburgo e de Luxemburgo; Condesa palatina de Borgoña, de Artois, do Charolais, de Flandres, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, de Namur e de Zutphen; marquesa do Santo Imperio señora de Fisia, de Malinas e de Salines.
Filla única do duque de Borgoña Carlos o Temerario (1433-1477), e de Isabel de Borbón (1437-1465), pasou a maior parte do seu reinado (1477-1482) defendendo os seus dereitos á herdanza do seu pai, disputada polo rei de Francia.
O seu matrimonio, en 1477, co arquiduque Maximiliano de Austria, futuro emperador do Sacro Imperio Romano, deu paso a case dous séculos de hexemonía dos Habsburgo na xeopolítica de Europa.
Foi a nai de Filipe o Fermoso e, polo tanto, avoa de Carlos V (ao que ela non chegou a coñecer).
Como filla única do último duque de Borgoña, Carlos o Temerario e da súa quinta esposa Isabel de Borbón, herdou aos 20 anos o ducado do seu pai, tras a morte deste na batalla de Nancy.
A pretensión francesa polos territorios dos Países Baixos borgoñóns fixo que o rei Lois XI ocupara algúns deles, como o condado de Borgoña ou o ducado de Borgoña, o que impediu a María exercer o seu título nos que foran as súas posesións.
Coa finalidade de expulsar os franceses, promulgou unha carta que se coñece como O Gran Privilexio, pola que quedaba garantido o goberno propio nos Países Baixos.
Casou en 1477 con Maximiliano, arquiduque de Austria, fillo do emperador Frederico III.
Con Maximiliano, que despois tamén sería emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, tivo dous fillos: Margarida de Austria e Filipe o Fermoso.
Filipe o Fermoso introduciría, polo seu matrimonio con Xoana I de Castela, filla dos Reis Católicos, a estirpe dos Austria en España.
María de Borgoña morreu en Bruxas en 1482, aos 25 anos, como consecuencia dunha caída dun cabalo.
16. Filipe II de Borgoña | ||||||||||||||||
8. Xoán I de Borgoña | ||||||||||||||||
17. Margarida III de Flandres | ||||||||||||||||
4. Filipe III de Borgoña | ||||||||||||||||
18. Alberte I de Hainaut | ||||||||||||||||
9. Margarida de Baviera | ||||||||||||||||
19. Margarida de Silesia-Liegnitz | ||||||||||||||||
2. Carlos o Temerario | ||||||||||||||||
20. Pedro I de Portugal | ||||||||||||||||
10. Xoán I de Portugal | ||||||||||||||||
21. Tareixa Lourenço | ||||||||||||||||
5. Isabel de Portugal | ||||||||||||||||
22. Xoán de Gante | ||||||||||||||||
11. Filipa de Lancaster | ||||||||||||||||
23. Branca de Lancaster | ||||||||||||||||
1. María de Borgoña | ||||||||||||||||
24. Lois II de Borbón | ||||||||||||||||
12. Xoán I de Borbón | ||||||||||||||||
25. Ana de Forez | ||||||||||||||||
6. Carlos I de Borbón | ||||||||||||||||
26. Xoán I de Berry | ||||||||||||||||
13. María de Berry | ||||||||||||||||
27. Xoana de Armagnac | ||||||||||||||||
3. Isabel de Borbón | ||||||||||||||||
14. Xoán I de Borgoña = 8 | ||||||||||||||||
7. Agnes de Borgoña | ||||||||||||||||
15. Margarida de Baviera = 9 | ||||||||||||||||
Predecesor: Carlos o Temerario |
Duquesa titular de Borgoña duquesa de Brabante, de Limburgo, Baixa Lotarinxia, de Luxemburgo e de Güeldres; condesa palatina de Borgoña, de Namur, de Flandres, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia e Zutphen; marquesa do Sancro Imperio e señora de Frisia, de Malinas e de Salines. 1477 - 1482 |
Sucesor: Filipe o Fermoso |
Predecesor: Carlos o Temerario |
Condesa de Artois, de Borgoña e do Charolais 1477 - 1482 |
Sucesor: Cedidos ao rei de Francia como dote no tratado de Arrás (1482).[1][2][3] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.