From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas Sverdrup son un arquipélago do grupo das illas da Raíña Isabel, que á súa vez forman parte do arquipélago ártico canadense, localizado ao norte das illas da Raíña Isabel, que pertence integramente ao territorio de Nunavut, Canadá.
Illas Sverdrup | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | |
País | Canadá |
Localización | Océano Ártico |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Linguas | |
Poboación (2009) | 8-12 non permanente |
Superficie | 66.000 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 82°00′N 95°00′O |
Maior Altura | 2.211 m. Pico Outlook |
Localización | |
Este grupo de illas recibe o seu nome en honra ao explorador noruegués Otto Sverdrup, que explorou e cartografiou as illas entre 1898 e 1902, co barco Fram, aínda que algunhas foran previamente habitadas polos inuit.
Sverdrup reclamou as illas para Noruega, pero o goberno noruegués non mostrou interese en proseguir coa súa demanda ata 1928. Nese momento, o goberno noruegués expuxo a demanda, principalmente para utilizar as illas como moeda de cambio nas negociacións co Reino Unido sobre o estatuto doutras illas árticas, Jan Mayen e illa Bouvet. O 11 de novembro de 1930 Noruega recoñeceu a soberanía canadense sobre as illas Sverdrup.
O grupo de illas atópanse ao oeste da grande illa Ellesmere, a uns 82°N e 95°O. As principais illas do grupo son a illa Axel Heiberg, illa de Amund Ringnes, e a illa Ellef Ringnes, e o arquipélago tamén inclúe un número indeterminado de pequenas illas nas augas que o rodean.
Os únicos asentamentos nas illas son Isachsen (unha antiga estación de persoal, ocupada entre 1948 e 1978) na illa de Ellef Ringnes e Mc Gill Arctic Research Station, na illa de Axel Heiberg, unha estación estival de investigación.
Illa | Pico | Altitude m. | Área km² | Lugar Canadá | Lugar Mundo |
---|---|---|---|---|---|
Axel Heiberg | Pico Outlook | 2211 | 43178 | 7 | 32 |
Illa Ellef Ringnes | ... | 260 | 11295 | 16 | 69 |
Illa de Amund Ringnes | ... | 265 | 5255 | 25 | 111 |
Illa Meighen | ... | 300 | 955 | 50 | 337 |
Illa King Christian | King Christian Mountain | 165 | 645 | 60 | 420 |
Illa Stor | ... | 500 | 313 | 87 | ... |
Sverdrup | Pico Outlook | 2211 | 66000 | - | - |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.