Axel Heiberg
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Axel Heiberg sitúase nas Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. A parte máis alta da illa cóbrea un glaciar. Atópase entre as coordenadas 78º e 81º N e só a habita o persoal dunha pequena estación científica.
(en) Axel Heiberg Island | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Axel Heiberg (pt) | ||||
Parte de | Illas Árticas do Canadá | ||||
Localización | |||||
Continente | América do Norte | ||||
División administrativa | Nunavut, Canadá | ||||
Localización | Illas Árticas do Canadá | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Ártico | ||||
Características | |||||
Altitude | 2.210 m | ||||
Dimensións | 220 () × 371 () km | ||||
Punto máis alto | Pico Outlook (pt) (2.210 m ) | ||||
Superficie | 43.178 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1900 | ||||
É unha illa recortada por grandes fiordes, cunha área total de 43.178 km². O punto máis alto é Outlook Peak, cunha altura de 2.211 m. O xeo e os glaciares cobren 14.733 km² da área total.
A illa foi descuberta por Otto Sverdrup en 1900, poñéndolle o nome do cónsul noruegués Axel Heiberg, que foi quen financiou a expedición. A exploración científica da illa comezou na década dos 50 do século XX.
Habitouse no pasado polo pobo inuit, pero estaba deshabitada no momento en que foi nomeada por Otto Sverdrup, que a explorou ao redor de 1900, poñéndolle o nome do cónsul noruegués Axel Heiberg, que foi quen financiou a expedición.
A exploración científica da illa comezou na década dos 50 do século XX. En 1959, científicos da McGill University exploraron o fiorde Expedition no centro da illa de Axel Heiberg. Isto deu lugar á creación da Estación de Investigación do Ártico McGill, construída a 8 km ao interior de fiorde Expedition en 1960.
Permanece deshabitada, salvo unha pequena estación científica. No entanto, aínda se conservan restos de poboados Inuit. Na illa descubriuse en 1985 un bosque petrificado do Eoceno, tres tocóns datados hai 40 millóns de anos, o que indica que esta parte norte do ártico era máis cálida e húmida que na actualidade.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Axel Heiberg |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.